O día 19 de maio, no incomparable marco da Illa de San Simón, tivo lugar a entrega de premios da 9º edición do concurso de Coca-Cola de Novos Talentos Premio Relato Curto.
Nunha fermosa ceremonia onde houbo mini representacións de teatro que servían de enlace para a entrega de premios, alzouse co segundo a nosa alumna de 2º ESO, Pilar Fernández Pascual.
É un orgullo inmenso que a nosa mocidade se interese pola literatura e en concreto pola arte de escribir.
Desde aquí felicitamos a Pilar e animámola a que continúe a escribir deste xeito, así este non será o seu último premio.
Parabéns Pilar!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario