jueves, 3 de noviembre de 2016

1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DESCRITIVA DE OUTONO

Ola a todos,
como estamos rodeados un fermosísimo outono, os membros do equipo de Dinamización Lingüística pensamos en realizar un concurso de fotografía no que describades en poucas palabras a imaxe elixida, o tema é o outono.
Aquí vos deixamos as bases do concurso , esperando que aparticipación sexa altísima!

BASES 
1.     Presentación dunha fotografía relativa ao outono aportando unha pequena descrición. (tamaño 15x20). A fotografía pegarase a a un folio A4, con título e a descrición. 
2.    Entregarase co nome e curso por detrás á titor@ 
3.    O prazo de entrega comprende desde o 07 de novembro ata o 23 de dito mes.(Ámbolos dous incluídos) 
4.    Só se acepta un traballo por persoa. 
5.    Valorarase a orixinalidade da fotografía e do texto. 
6.    Os premios serán entregados o 30 de novembro na Biblioteca á hora do recreo. 
7.    O xurado estará composto polos membros de Dinamización Lingüística. 
8.    Importante: non se admitirán fotografías tiradas de Internet. 
9.    Os traballos noutra lingua que non sexa a galega quedarán fora do concurso.

viernes, 28 de octubre de 2016

O TEMPO DAS CABAZAS E DAS CASTAÑAS

Un ano máis chega o outono á nosa escola, e como o celebramos? Pois por todo o alto!
Decoramos os corredores e as portas das clases, facemos verdadeiras obras de arte coas cabazas e sobre todo celebramos o Magosto.
Foron semanas de traballo duro pero moi atractivo, mentres os máis pequenos decoraban cabazas e ambientaban o cole, os maiores investigaban sobre a orixe do Samaín, verdadeira festa celta, e facían un power point onde o explicarían a todo o mundo.
Pero nunha boa festa non pode faltar a comida, os xogos e a música.
A nosa comida máis tradicional nestas datas son as castañas e sobre todo, as castañas asadas nun fermoso magosto.
O magosto estivo amenizado por multitude de xogos tradicionais como a "castaña malabarista","a castaña voadora","colares de castañas", "bailando entre cabezas"..... e moitos máis.
A música foi a protagonista de moitos xogos como o de "culleres con castañas" ou "bailanado con cabazas".
Foi unha mañá chea de emocións, xogos e sobre todo diversión.

viernes, 13 de mayo de 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS......QUE SEXA TODO O ANO!

Un ano máis vimos de celebrar a grande festa das nosas letras. Este ano, é Manuel María o escritor que coñecimos un pouco máis grazas as actividades levadas a cabo durante estes días nas aulas.
Pero hoxe tivemos a oportunidade de celebrar esta conmemoración todos xuntos en dous momentos diferentes.
O primeiro foi cando  acudimos ao salón de actos para coñecer en persoa a Manuel María (Jorge Castro) que nos namorou cos seus versos ao mesmo tempo que se presentaba.
Logo veu a peza de teatro "Berenguela, aventuras e desventuras dunha espiña de toxo" coa que gozamos enormemente grazas a actuación dos nosos actores favoritos: Cris, Lara, Jorge, Pedro, Diego e Ricardo.
Despois toucoulle ser protagonista á música, versos de Manuel María postos en boca dos alumnos de 3º de E.I coa peza "A vaca", e o fermosísimo  "Poema para namorar una rosa" interpretado por una bonita amalgama de profesores e alumnos de todos os niveis.
Rematouse o acto coa interpretación do Himno Galego, foi un momento moi emocionante e intenso no que todo o público , posto en pé, cantou co corazón.

O segundo momento da celebración tivo lugar no patio do colexio. Hoxe tivemos unas Letras pasadas por auga, pero isto non impediu que gozáramos de todos os xogos populares que tiñamos repartidos por todos os currunchos dos patios cubertos.
Os nenos, e non tan nenos, xogaron aos bolos, zancos, pita cega, culleres con pelotiñas, fixeron tatuaxes con versos do poeta homenaxeado, correron, saltaron e sobre todo ....compartiron risos e lingua.
Lingua de nós, lingua de todos. E como diría Manuel María:
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!!!
Desde o equipo de Dinamización Lingüística damos as grazas a tod@s os compañeir@s que nos axudaron para que a xornada de hoxe resultara tan hermosa.

Aquí deixámosvos o video do acto da celebración e unhas fotos.



sábado, 12 de marzo de 2016

PARTICIPACIÓN NO PREMIO DE RELATO CURTO DE COCA-COLA

Dous alumnos de 2º de ESO, Greta Rey e Anxo Rodríguez, participaron onte na 8ª edición do concurso de novos talentos no premio de relato curto que promove Coca-Cola, e que se celebrou onte na Escola de Maxisterio en A Coruña.
O único estímulo que recibiron os novísimos escritores foi a frase :" Aquela sombra desconcertáballe" .
Dispuxeron de dúas horas para redactaren os seus traballos, e tiñan una limitación: non exceder o espazo que tiñan (só dúas follas coas súas caras habilitadas).

Só pode haber un gañador, (que mágoa!) e o premio será a participación nun campus literario e una viaxe a Londres.
Greta e Anxo antes de entrar no Salón de actos de Maxisterio
 
Despois de rematar foron agasallados cunha merendola
Ánimo e moita sorte!!

 

jueves, 4 de febrero de 2016

ESPERANDO O ENTROIDO

Xa chega o Entroido, e para recibilo , os rapaces do colexio traballaron moitísimo na decoración do patio.
Realizaron muráis, carautas marabillosas que esperan por vós no patio cuberto, será alí, nese marco festivo, onde todos gocemos das sobremesas típicas deste tempo.

Viva o Entroido, viva a Festa!!



viernes, 11 de diciembre de 2015

Xa temos aquí o Nadal !!!


 Desde o equipo  de Dinamización Lingüística e coa colaboración de todas as clases do CPR San José, queremos felicitar estas Festas coa árbore que instalamos no patio de recreo.

Que a mensaxe desa árbore especial faga aflorar os mellores sentimentos que cada un de nós garda no seu corazón e pasemos a  ser un pouco máis solidarios e comprometidos con todos.

Neste Nadal que nunca falte un soño por cumprir, un proxecto que realizar, algo que aprender e alguén a quen amar.

                                                                                                          Bo Nadal!!!

martes, 3 de noviembre de 2015

OUTONO LITERARIO

Con motivo da chegada do outono, desde o equipo de Dinamización Lingüística, propuxemos unha actividade moi creativa: contos de outono!.
Por suposto a temática era relacionada con esta bucólica estación: o samaín, o magosto, as castañas, os castiñeiros, os cogumelos ...... .
Todos os alumnos do colexio participaron, e como? Pois divididos en equipos, cada equipo elaborou un microconto e despois fixeron bonitas encadernacións.
Así dá gusto traballar!!!!
Vexamos como quedou a presentación e invitámosvos a que veñades visitar a exposición.