lunes, 18 de mayo de 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Hoxe pola mañá, reunímonos todos xuntos para festexar as Nosas Letras.

Este ano, foi Xosé Fernando Filgueira Valverde o escritor homenaxeado e tivemos a oportunidade de descubrilo un pouco máis grazas a un ppt presentado por rapaces de 4º de ESO.
Como algo que caracteriza á fala galega é a disputa dialéctica en verso e improvisada, os alumnos de 2º da ESO deixáronnos gozar dunhas regueifas feitas por eles mesmos.
O baile galego tradicional veu da man dalgunhas rapazas do terceiro ciclo de E.P, coa fermosa “Muiñeira mariñana”.

Todo o salón de actos cantou con moita marcha, a interpretación de Paco Nogueiras na que anima e fomenta o uso da nosa lingua: “Meu mundo é”.
Para finalizar a celebración no salón, todos nos puxemos en pé para poder interpretar o Himno Galego, acompañados pola música da gaita do noso compañeiro Xavier.

Pero a festa non rematou aí!!!!!, aínda nos quedaban folgos para poder brincar cos xogos tradicionais, dos que maiores e nenos puidemos  aproveitar ata que tocou a campaíña de marchar!!

E como todos os anos, o equipo de pilotaxe de Dinamización Lingüística, damos as grazas a cantas persoas colaboraron para que hoxe fora unha xornada máxica.
MIL PRIMAVEIRAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA!!!! FALEMOS GALEGO

miércoles, 12 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014

Un ano máis chega a época das castañas, o CPR San Xosé celébrao cun magosto.
Para ambientalo, todo o alumnado participou coa elaboración dunha paisaxe outonal.
Non faltaron o castiñeiro, os cogomelos, as uvas, as nubes, as cabazas, meigas e demais, todos eles  coa información referente á temática desta estación.



Deixamos unha mostra do resultado.

domingo, 24 de febrero de 2013

O ENTROIDO NO MUNDO

Os alumnos de secundaria estiveron a facer un traballo de investigación dos máis famosos carnavales do mundo.
Os alumnos de 1º e 2º de ESO , encargáronse do Entroido galego, no seu traballo aparecían as máis fermosas máscaras de Galáns, Peliqueiros, Pantallas e moitos outros, así como un espazo para a gastronomía e todos os ritos tradicionais deses días.
Os nenos de 3º e 4º de ESO foron un pouco máis internacionais e da man deles aprendimos máis cousas do Carnaval de Río, tan salvaxe e vistoso, así como do elegante Carnaval de Venecia, onde o luxo das máscaras chama a atención.













Un pouco máis cerca nos quedan os Carnavais de Cádiz onde o prato forte son as murgas e o de Tenerife cheo de cor e brillo. Desexamos que disfrutedes coa exposición de traballos.

CONTOS DE LAREIRA

Este 2013 chegou cargado de moi boas novas para a nosa lingua. Cada mes achegámonos ao desenvolvemento da lingua oral grazas aos "Recreos Literarios".
O primeiro en ter lugar foi o adicado aos "contos de lareira", é dicir, eses contos de tradición oral, que veñen de vello e que foron quedando na memoria dos máis maiores.






Deste xeito, os nosos alumnos recuperaron esa tradición e durante dous recreos, e na biblioteca do colexio, puidemos escoitar historias nunca oídas, trasladarnos ao mundo onde falan os animais, ou mesmo, a tempos de maricastaña onde podía pasar de todo.