A véspera das Letras Galegas, tivemos a nosa celebración no colexio.
É a data máis esperada por todoos os que amamos a nosa lingua, pois hai un pretesto para celebrala e máis este ano cando son festexadas e homenaxeadas ás Cantareiras.
Este ano dedícase o Día das Letras
ás cantareiras, representadas por Adolfina e Rosa Casás, de Cerceda, Eva
Castiñeira, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García, Prudencia e Asunción Garrido,
integrantes estas catro das Pandereteiras de Mens pola súa contribución ao uso,
conservación e difusión da nosa lingua e da nosa cultura.
A primeira actuación que tivo lugar no noso salón, foi xustamente contar a historia das Cantareiras , o porqué desta homenaxe, xa que cantando acontecementos cotiás, como segas, vodas, bailes....estaban a dinamizar a nosa lingua e facendo un aporte moi importante á cultura galega.
A segunda actuación foi a posta en escena a obra de Paula Carballeira "As Ferreñas", fermosísima peza teatral que contiña diferentes pezas musicais , interpretadas en vivo e en directo polas novísimas intérpretes.
A penúltima actuación foi unha especie de acción de grazas dedicada ás Cantareiras,elas foron durante
séculos as gardiás da tradición oral. A través das súas voces, transmitiron
romances, coplas, cantigas e lendas. Cantaban mentres traballaban no campo, nas
fábricas, nas feiras, nas festas e mesmo no loito. O seu canto foi sempre un
acto de resistencia, unha forma de manter acesa a chama da nosa cultura nun
mundo que moitas veces lles deu as costas.
E para finalizar, como xa é costume, poñéndonos todos en pé cantamos o noso himno, a representación da galeguidade.
Para os que amamos a lingua galega, a que a temos como ser identificador de ser galego, o día das Letras ten un sabor agridoce; é marabilloso ter un día no que se festexe que temos unha lingua e unha literatura, pero non deixa de ser triste que só se celebre un día; se a falaramos a cotío, se a lingua formara a nosa identidade, non teríamos que esperar ata o 17 de maio para celebrala, todos os días sería unha festa da lingua.
Falemos galego aínda que sexa mal, pero ....falémolo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario