Para poder practicar este xogo, precísase tamén dunha piola, unha corda que se amarra arredor do enredo que fará posible o baile do peón. A parte de arriba chámase “pirucho” e a máis ancha é a “barriga”.
Pois este pasado xoves, día de San Antón, os rapaces e rapazas do noso colexio puxéronse mans á obra , e na hora do recreo puxéronse a bailar os seus peóns.
Os maiores con máis maestría, pero a rapazada pequena non quedaba atrás e puxeron ganas á hora de sacar todo o seu arte cada vez que tiraban da piola.
E como ás veces vale máis unha imaxe que mil palabras, aquí deixamos algunhas das fotos recollidas ese día:
No hay comentarios:
Publicar un comentario