Por segundo ano consecutivo, os nosos alumnos participan no concurso ENREGUEIFATE.
Pero......que é Enregueifate? Pois Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.
O obxectivo principal deste proxecto é que a rapazada entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, e no noso colexio estamos a inténtalo. Esperamos facelo mellor ano a ano.
Aquí vos deixamos dúas mostras, os rapaces de 1º de ESO no que describen a situación do galego en Galicia e os rapaces de 3º de ESO que contan a historia da Ponte da vila.:
viernes, 13 de abril de 2018
domingo, 11 de marzo de 2018
CELEBRANDO O DÍA DA MULLER EN 2º DE EP
Os nenos e nenas de 2º de Primaria conmemoramos o día da Muller
realizando unha serie de actividades. Vimos a historia de Arturo e
Clementina e mantivemos unha interesante conversa sobre a mesma. Logo
comentamos os motivos polos que pensabamos que as nosas nais eran súper
mulleres e fixemos unha actividade para plasmar o noso pensamento.
Deixámosvos as fotos a continuación
sábado, 10 de marzo de 2018
CIENTÍFICAS GALEGAS
No Día da Muller, queremos lembrarnos das nosas científicas. Tanto das mulleres que comezaron con moitas trabas no seu camiño e ainda así, conseguiron facer o que lles gustaba, traballar nun mundo de homes e faciliatarlle o camiño ás demáis.
Os alumnos de 3º e 4º da ESO buscaron científicas galegas, descoñecidas na maioría dos casos, pero mulleres importantes en todas as áreas da ciencia.
Aquí deixamos unha mostra.
DÍA DA MULLER
O pasado 8 de marzo, celebrouse en todo o mundo o Día da Muller.
Os alumnos da ESO quixeron celebrar esta data dedicándolle un texto á muller marabillosa que admiran.
Moitos deles elixiron ás súas nais, avoas, curmás pero tamén a peroas que loitaron por ser iguais nun mundo dominado polos homes como algunhas pilotos de rallys, bombeiras, ......
Escribiron textos cheos de agradecemento e admiración. Daban as grazas por facerlles o seu camiño máis fácil, grazas a elas, as rapazas de hoxe en día teñen moito gañado en canto a igualdade .
Oxalá todos os días foran 8 de marzo.
viernes, 9 de marzo de 2018
X CONCURSO DE RELATO CURTO DE COCA-COLA
Un ano máis por estas datas , celébrase o concurso, convocado por Coca-Cola, de relato curto na Facultade de Filoloxía de A Coruña.
Nesta ocasión, as "escritoras" que se presentaron ao concurso con toda a súa ilusión e coa mochila repleta de imaxinación, son Paulina Tomé e Miriam Rico, alumnas de 2º de ESO.
A esa mesma hora o concurso empezaba en todas as Provincias , as nosas alumnas terán que ser das mellores entre máis de 300 personas para poder alcanzar o triunfo.
Ánimo e moita sorte!
domingo, 4 de marzo de 2018
miércoles, 28 de febrero de 2018
O DÍA DE ROSALÍA

Este pasado luns celebramos por todo o alto o Día de Rosalía. A gran escritora galega naceu o 24 de febreiro de 1837 e é esa a razón pola que este día é un dos grandes da literatura galega.
O primeiro que fixemos foi un bonito concurso de marcapáxinas relacionado con este día e dirixido a todos os niveis educativos. Houbo unha moi grande participación e os gañadores son os seguintes:
Lara por EI, Martín de E.Primaria e en Secundaria a nosa alumna S.


Xa o propio día do acto visitounos a propia Rosalía de Castro, (en realidade era a nosa Sofía Allegue de 3º de ESO), para lernos un manifesto a prol de abrir as fiestras á cultura, á lingua, a Galicia!

Todos xuntos quixemos ser Rosalía ese día e para iso caracterizámonos da escritora cunha carauta que fixemos con todo o noso cariño.
Esperemos seguir celebrándoo o ano que vén!.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













