jueves, 22 de junio de 2023

48 HORAS EN GALEGO


 

Neste último trimestre do curso, os alumnos de 2º de ESO participaron nun proxecto piloto que desexamos que poida seguir desenvolvéndose nos cursos vindeiros.

Trátase de vivir "48 horas en galego", para iso os rapaces asinaron un contrato no que se comprometían a levar a cabo esta actividade, deberían expresarse en galego en todos os ámbitos, tanto na escola como fóra dela, agás nas aulas de Lingua castelá e idiomas estranxeiros.

Transcorridas as 48 horas, o alumnado fixo unha memoria do que lles aconteceu durante este tempo.





 As conclusións ás que chegaron os rapaces poderíanse resumir en:

- Ao principio foi difícil porque non están acostumados a falar galego fóra das aulas de Lingua.

- Todo o mundo os axudou para facerlles máis doada a actividade.

- Sentíanse raros ao ser os únicos que falaban galego na pandilla de amigos.

- O segundo día foi más fácil e xa estaban inmersos no galego.

- No whassapt da clase escribían todos en galego. Se alguén se esquecía, lembrábanllo os compañeiros.


Pódese dicir que con só un pouco de esforzo e querer facelo, a Lingua galega amosa ter un gromo de futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario