viernes, 5 de marzo de 2010

O BILINGÜÍSMO

Galicia, unha comunidade verde, onde a chuvia é arte, con moita historia, e aínda por riba, con dúas linguas.

Un idioma é cultura, é enriquecer o noso vocablo, ampliar os nosos coñecementos, pero... dámoslle a suficiente importancia? Na miña oinión, non!. Aínda hai moita xente que cre que o noso idioma é "de aldea" ou que non vale para nada. Sabemos realmente o que dicimos?

Menospreciamos a nosa propia lingua, esquecemos todo o que loitamos para que poida existir unha igualdade.Esquecemos os Séculos Escuros, a prohibición do noso idioma natural... . Parece que renegamos das nosas orixes  e iso é tan triste coma renegar dunha nai.

Afortunadamente, podemos disfrutar dunhas liberdades, podemos elixir, mais, se non queremos o noso, como imos querer e saber apreciar o inglés? Parece que o de fora é mellor, e esquecemos realmente a importancia da nosa fala, un ben moi preciado que moi pouca xente disfruta e practica. Se comparamos o uso do catalán e o uso do galego, poderemos comprobar o que infravaloramos un idioma, a nosa lingua nai.

Creo que o mellor sería aprender a apreciar o que temos dentro e logo ampliar a nosa cultura e os nosos coñecementos pero, sempre recordando quen somos e de onde vimos.

                                                                          Cristina Varela, 2º ESO