martes, 23 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023- FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

 

Estamos a piques de rematar maio e con el vaise o mes das Letras Galegas que non o ano, pois a Francisco Fernández del Riego seguirá sendo homenaxeado durante todo o que queda do 2023.

Durante todo este mes, nas aulas do colexio , estívose a traballar a figura de don Paco, como lle gustaba que o chamaran.



 Chegado o día da celebración das Nosas Letras, reunímonos todos no salón de actos e deu comezo a nosa homenaxe a tan célebre persoeiro da cultura galega.

Noa e Jimena, alumnas de 4º ESO, foron as encargadas de ir presentando a Francisco Fernández del Riego entre actuación e actuación. Había tanto que dicir deste autor que a súa traxectoria foi explicada pouco a pouco para que todo o alumnado o entendera sen problema.


Os alumnos de 4º de EP  acompañados de compañeiros de EI e doutros cursos de EP interpretaron a peza teatral "O pozo das palabras" onde denunciaban como o galego vai desaparecendo na boca dos máis novos.



O que quería Francisco Fernández del Riego era que soubésemos de onde vimos para saber onde queremos ir, e así admirar, querer e protexer o que máis nos identifica: a nosa lingua. 

Pois ben, alumnos de 3º e 4º de ESO puxeron todo o seu sentimento bailando "A filla do lobo", onde se pon de manifesto todo o devandito.


Sabemos por declaracións do propio don Paco que lle encantaba a música tradicional, e tiña especial predilección por "A miña burriña", que o coro do colexio interpretou marabillosamente.


Despois desta actuación, os rapaces de ESO interpretaron unha micro peza teatral que daba resposta á obra do principio, o pozo das palabras, aquí os alumnos atopaban esas palabras perdidas e convidaban aos espectadores a utilizalas para que non morreran no esquecemento. A obra chamouse "A fonte das palabras".



 

E logo desta actuación chegou o momento da música tradicional posta en boca das profesoras Mariana e Maria Montero, integrantes de Lilaina e Aliboria, interpretaron maxistralmente "Ruada de Padreiro de Castriz".


Para finalizar o acto, interpretamos todos xuntos a noso himno, acompañados polas gaitas de PAula e Mateo, rapaces de 1º de ESO. Foi un momento moi emocionante no que todos nos sentimos un.



E , para rematar, como di o noso himno, que a nosa lingua non quede no esquecemento!!