viernes, 24 de febrero de 2023

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, é o día do seu aniversario e por iso é que a queremos homenaxear no seu día.

Falar de Rosalía é falar da máis importante escritora galega de todos os tempos, é dicir que foi a primeira literata que nos ensinou que o mundo estaba cheo de inxustizas; o que ela contaba era a súa realidade que non se afasta tanto da de hoxe.

E non hai nada máis humilde que o caldo, comida de pobres e ricos que quenta as almas. Rosalía deixounos a súa receita e por suposto que o fixemos no colexio.





 O acto de hoxe comezou cun manifesto sobre a figura de Rosalía e a pegada que deixou ata os nosos días . Foi Martín, integrante do equipo de Dinamización, quen o leu para todo o público congregado no patio do colexio.



Toda a súa obra poética está chea de música, non hai máis que buscar nas redes e ver a cantidade de músicos que utilizaron as súas verbas para cantar fermosas cancións: Adiós ríos , adiós fontes, Negra sombra, Ninfa das augas frescas..... só son tres títulos, pero Rosalía compuxo moitísimos máis poemas que hoxe están musicados.

Por esta vinculación coa música , este ano celebramos este día  cantando os poemas rosalianos acompañados de música. Velaquí tedes as imaxes do acto:

Educación Infantil interpretou  "Vente rapasa, vente"


1º e 2º Educación Primaria atreveuse con "Campanas de Bastabales"


3º e 4º de Educación Primaria cantou "Adiós ríos , adiós fontes".


5º e 5º de Educación Primaria versionaron "Nascín cando as prantas nacen".


E, por último, dous alumnos da ESO leron "Negra Sombra"

Ata no ano non volvemos a ter día de Rosalía, pero o legado de Rosalía debería vivir en nós por sempre.

Viva a memoria por Rosalía!


miércoles, 22 de febrero de 2023

POESÍA DE ENTROIDO

 


Neste Entroido que acabamos de rematar, non todo foi festa. O alumnado do colexio tivo que traballar un pouquiño antes de desfrutar das vacacións.

Desta vez tiveron que facer entre toda a clase unha poesía de Entroido. Non foi traballo doado, pois poñernos de acordo leva o seu tempo, ademais, uns querían que rimara, outros que tivera moita metáfora, e os de máis alá que fora moi musical.

Pois aquí vos deixamos o resultado.










 


viernes, 17 de febrero de 2023

TODOS DESFRUTARON CO MANDADIÑO


 

Esta semana , os rapaces e rapazas do colexio fixeron caso ao Mandadiño e viñeron , por quendas , coas cousas que lles encargou o noso Entroido particular.

Velaquí algúns grupos que se quixeron facer unha foto so cesu amigo.











 Estamos agardando polo próximo Entroido, a ver que se lle ocorre a este langrán!

miércoles, 8 de febrero de 2023

O MANDADIÑO 2023

 


- O LUNS para comezar, a CABEZA debes adornar.

- Se o MARTES queres molar, algo no PESCOZO debes levar.

- O MÉRCORES, para voltas dar, a CINTURA podes rodear.

- O XOVES, para o xogo rematar, uns PÉS divertidos deben destacar.

- O VENRES, para o ENTROIDO festexar , poderaste disfrazar.