jueves, 17 de mayo de 2018

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2018

O día de onte foi unha data moi importante para todos nós no colexio, celebrouse a festa das nosas Letras, da nosa Literatura, da nosa Cultura, é dicir a Festa do que somos : GALEGOS.

Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a Mª Vitoria Moreno, unha cacereña que ao chegar a Galicia namorouse da súa fala e da súa cultura e fixo disto a súa razón de ser, pois ata foi represaliada por alfabetizar a adultos en Lingua Galega.
Os rapaces de 1º de ESO achegáronnos a súa vida e a súa obra:


María Vitoria cultivou sobre todo a Literatura Infantil e Xuvenil, e para mostra do que fixo, os alumnos de 1º e 2º de ESO amenizáronnos cunha peza de teatro infantil titulada " A nena que quería ser unha boa bruxa":


As Letras e a música sempre van unidas e nós puidémolo comprobar coa fabulosa actuación do grupo LILAINA:


Un dos momentos máis entrañables foi cando se subiu ao escenario o alumnado de 4º de EP para interpretar "A ratiña Feroz":



Toda festa que se precie ten un baile, e que mellor que festexar as Letras coa nosa muiñeira máis internacional, a Muiñeira de Chantada, todo un gozo para a vista e os ouvidos. Os encargados foron os rapaces que asistiron ao obradoiro de folclore que tivo lugar unhas semanas antes:


E para rematar quedou o máis importante: o noso HIMNO, feito por Pondal e que desde o Rexurdimento fai florecer a esencia de ser galegos no noso corazón.


Lembrade, nós recibimos a Lingua Galega en herdanza e é o noso papel coidala para que chegue aos nosos fillos, así que FALADE GALEGO e a Lingua Galega non morrerá.