miércoles, 24 de febrero de 2021

ROSALÍA, PRETO DE NÓS NO TEU DÍA

 

Rosalía é poesía. É nostalxia, é emoción. É a nosa voz. Hoxe, 24 de febreiro é o seu día e non podiamos esquecer  celebrar o seu aniversario.

Rosalía de Castro é a figura clave da lírica moderna, a voz feminina do Rexurdimento literario galego, e por iso, a nosa máis humilde homenaxe desde o noso centro.

Os máis pequenos do colexio pintaron carautas da escritora e rendéronlle a súa particular homenaxe, asemade visualizaron "Rosalía Pequeniña", que foi do agrado de todos eles.


 



Todos os cursos comprometímonos a facer poesía a partires dos títulos da súa dilatada obra ; a forma escollida foi a través de acrósticos.

Velaquí o resultado:


Os nenos de 1º de EP inspiráronse no libro "A Flor".


Grazas á obra "A filla do mar", os rapaces describiron perfectamente a Rosalía.

Continuamos describindo a Rosalía a traves de "Follas Novas".


Rematamos a descuberta de Rosalía con "Flavio".


Con "Conto Galego" aprendemos a escribir coma a nosa autora.


Sacamos as lembranzas dos tempos pasados con "Adeus ríos, adeus fontes":


"Cantares galegos" serviu para homenaxear o esforzo de Rosalía no seu tempo.


Agrdecemento eterno con "Costumes Galegas"


"Ruinas" é un título moi tristeiro, pero os nosos poetas sacaron o mellor desa palabra.


Sentímonos felices de renderlle esta pequena homenaxe á máis grade escritora galega de todos os tempos, ROSALÍA DE CASTRO.








viernes, 12 de febrero de 2021

COMPARTINDO O ENTROIDO CO MANDADIÑO


Como cada ano por estas datas, o Mandadiño chega ao colexio invitándonos a compartir con el uns días de alegria, só temos que seguir os seus consellos de moda e vestirnos coma el nos indica cada xornada.

Nesta ocasión tivemos que axenciarnos de capas, sombreiros, garavatas, pintamos a cara (o que se nos ve) e trouxemos mascarillas divertidas.

Agora propoñévosvos un xogo: seredes capaces de atoparvos entre tanto aprendiz de Mandadiño? . Veña... a buscarvos!










Ata o ano que vén, o Mandadiño volverá cargado de novas propostas.

O ENTROIDO (SEGUNDA PARTE)


Na entrada anterior fixemos unha viaxe polas diferentes máscaras dos Entroidos galegos, desde os Troiteros de Bande ata a Bonita de Sande pasando polos xenerais da Ulla, Pantallas de Xinzo.....e así unha morea delas.

Pois ademais de descubrir esas caretas, todos os cursos fixemos un traballo sobre ese entroido e dedicámoslles unha composición poética. Este ano non podemos cantar con ironía pero si compoñer versos dedicados aos Entroidos.

Todo iso queda reflectido no seguinte documento. Esperamos que vos guste.

miércoles, 10 de febrero de 2021

CELEBRANDO O ENTROIDO AO NOSO XEITO


 O Entroido en Galicia é a festa máis divertida e rebelde do ano. O seu obxectivo é rirnos da vida, pero este ano é un pouco difícil porque estamos inmersos nunha pandemia mundial. 

Aínda así, no colexio quixemos celebralo aínda que sexa dunha forma diferente á habitual. Este ano aprendimos moito dos diferentes "entroidos, antroido, entruido, entrudio, entrudo e carnaval "que se celebra ao longo da nosa terra.

Empezamos polos máis pequenos que se divertiron pintando e personalizando as diferentes máscaras do entroido galego.



 

 

A 1º de Educación Primaria tocoulles coñecer aos "Troiteiros de Bande", esta máscara representaba a uns velliños que ían polas rúas meténdose cos rapaces e as mulleres. No seu sombreiro levaban uns espellos para escorrentar o mal de ollo e outros perigos.

A "Mázcara da Mourela" foi a tarefa encargada a 2º de E.P. Esta máscara destaca polo seu colorido.Predomina o branco e as cintas de cores. Velaquí o seu traballo:

 

En 3º de EP investigaron sobre os "Felos de Maceda" e averiguaron o seguinte:

Son as máscaras emblemáticas do entroido de Maceda. Unhas figuras pouco coñecidas fora da zona, pero tan antiguas e fascinantes como os seus parentes máis famosos, os peliqueiros de Laza e os cigarróns de Verín. Todos visten dun modo moi similar, pero o que distingue a simple vista  os felos son as medias negras, en lugar de brancas. O seu atuendo é en certo modo máis rústico, máis apegado ás oríxes.
Vestirse de felo imprime carácter e só poden facelo os homes solteiros. Son por definición espíritus rebeldes e anárquicos, pero en tempo de Entroido eles son a lei.
 
A 4º e 5º de EP encargóuselles dar a coñecer aos famosos "Peliqueiros de Laza", eles son os personaxes principais do Entroido na comarca, competindo cos Cigarróns de Verín. Reciben o seu nome porque levan a "pelica" dun animal na parte traseira da súa careta. A máscara é de madeira pintada con vistosas cores; outro elemento moi característico son os cencerros que levan no cinto, e un látigo para fustigar aos que non se disfrazan nesas datas.

 

Os rapaces e rapazas de 6º de EP fixeron o traballo sobre "os xenerais da Ulla", estas máscaras locen as súas mellores galas, uniformes militares adornados na cabeza con vistosas plumas, que xeralmente son de pavo real.


1º de ESO presentounos aos "Volantes do entroido ribeirao de Chantada", son uns personaxes moi singulares, pois levan uns puchos enormes con estruturas que poden chegar a pesar ata 15 quilos. Están adornados con cintas de cores, flores e bonecas.


Os "Boteiros de viana do Bolo" foron as máscaras que descubriron os rapaces de 2º de ESO. O traxe do Boteiro é moi colorido, a máscara é de madeira e sobre ela unha pantalla de arame cuberta de flores e tiras de papel que pode chegar a pesar 7 quilos.


A 3º de ESO toucoulles a estrela das máscaras, "Os Cigarróns de Verín", a careta é de madeira e pintada resaltando as cellas, unhas sonrosadas meixelas rodeadas por un enorme bigotee un gran sorriso que deixa ver a súa dentadura. A careta ten unha mitra pintada con motivos vexetais ou animais.

As "pantallas de Xinzo" foron as protagonistas en 4º de ESO. A máscara está feita con pasta de papel  cun rostro que lembra a un demo con cornos.

Os mozos e mozas de 1º de Ciclo Formativos traballaron sobre a figura da "Madama de Cobres". Os traxes das madamas e dos galáns son espléndidos, na cabeza locen un espectacular sombreiro que pode chegar a pesar 7 kilos.


E por último chegamos ao traballo realizado en 2º de Ciclo Formativo, "A Bonita de Sande", levan a cara tapada cunha máscara sobre a que se dibuxa un fermoso rostro, na cabeza locen un armazón adornado con panos e plumas.


Se chegastes ata aquí puidestes facer unha volta por todos os entroidos  da xeografía galega sen saír da casa.

Esperamos celebralo doutro xeito o ano que vén, pero agora toca coidarnos.

Viva o Entroido galego!