sábado, 9 de marzo de 2024

O DÍA DA MULLER


 No oito de marzo reivindicamos a igualdade e o respecto do que aínda non desfrutamos e pedimos unha sociedade mellor para nós e as xeracións vindeiras.

E como non hai avance sen consciencia do camiño percorrido, este ano quixemos dedicar este día ás mulleres, que coa súa valentía e talento, fixeron o camiño máis doado para todas nós.

Todos os cursos das diferentes etapas investigaron para poñer nome e apelidos a estas mulleres pioneiras.








15ª EDICION DO CONCURSO "NOVOS TALENTOS DE RELATO CURTO"


 O 7 de marzo , como cada ano, tivo lugar unha edición máis do concurso de Coca-Cola de relato curto.

A pandemia deixounos o legado de facer a proba online, antes viaxabamos ata A Coruña para facela con todos os compañeiros da provincia, entón ás 12 en punto comezou o concurso.

Como xa sabedes, esta proba é deseñada para os alumnos de 2º de ESO, e desta quenda asistiron Ana Rodríguez, Blanca Vázquez, Pablo Tenreiro, Laura Infante e Héctor Cadahía.

O estímulo sobre o que debían escribir foi o seguinte:


Unha vez interiorizado o significado do poema de Marta Dacosta, puxéronse mans á obra:



Durante dúas horas crearon mundos fantásticos en máximo 800 palabras. Unha vez enviado o seu relato recibían o seu diploma de participación.


Esperamos que algún deste alumnos sexa premiado polo xurado.