domingo, 8 de enero de 2023

O NOSO "BELÉN VIVINTE"






Un ano máis, o alumnado de 3º e 4º de ESO recrean o Belén Vivinte que xa é tradicional no noso colexio.
O Belén distribúese por distintos espazos do patio cuberto para posibilitar facer un percorrido por toda a historia natalicia.



Deste xeito, o percorrido comeza coa Anunciación, a casa de Ana e a visita do Anxo a Xosé:


 Continúa coa taberna e distintos postos de mercadeiras como as leiteiras, costureiras, panadeiras.....




Así chegamos ata a pousada, onde non teñen sitio para aloxar a María e a Xosé e acompáñanos ata un pobre pesebre:


Hai un cambio de protagonistas e adentrámonos no castelo de Herodes e a súa Corte:


Despois do castelo imos atopámonos cos pastores que están a velar o seu gando cando se lles aparecen dous anxos coa nova de que o Neno nacera en Belén:


Cando todas as xentes  do pobo se enteraron de que  o Neno Xesús nacera, foron cara o pesebre para adorar ao Neno Deus e ofrecérlle agasallos.

O alumnado de todo o colexio puido desfrutar da actuación destes rapaces por quendas ao longo da mañá do día 21 de decembro. Asemade estivo aberto para aquelas familias e amigos que quixeran desfrutar do espectáculo.


Esperemos que o próximo ano poidamos contar unha vez máis con esta actividade que gusta tanto a pequenos coma a maiores.