miércoles, 30 de mayo de 2012

AS LETRAS GALEGAS 2012


Este ano celebramos as Letras Galegas ao grande. Durante toda a semana fixemos un montón de cousas que nos resultaron moi amenas e divertidas.
Primeiro, os nenos de 3º e 4º de ESO fixeron de Contacontos e pasaron polas diferentes clases narrando historias fantásticas. Logo, no recreo, disfrutamos dos xogos tradicionais cos que aprendemos como xogaban  os nosos pais ou mesmo os nosos avós.
Outro día, como é habitual nestas datas, subimos ao Olmo, para poder participar en todos os talleres etnográficos. Estamos moi contentos polos premios recibidos no "1º Concurso de debuxo e redacción" promovido por esta entidade.
O día grande da celebración foi o venres 18 no salón de actos do colexio: coñecemos a figura de Valentín Paz Andrade de man de Xurxo e Carlos, os rapaces maiores cantaron un rap "Galicia Calidade", a nosa compañeira Iria de 1º de ESO, leu un poema; Miriam cantou unha fermosa canción baseada nun poema de Rosalía de Castro”Ninfa das augas frescas”, Paula e dúas compañeiras máis leron un manifesto a prol da Lingua Galega, e para finalizar a nosa música, primeiro a interpretación do himno galego acompañada polo gaiteiro Adrián e para rematar , os rapaces de 3º e 4º de Primaria cantaron “Quen puidera namorala”.
Neste acto tamén, visionamos o libdup que fixemos todo o colexio en conmemoración das Letras Galegas, baseándonos na canción de "Los Limones", Achega.
Foron unha xornadas salpicadas de actividades coas que nos divertimos aprendendo o importante que é a Nosa Lingua.