sábado, 14 de diciembre de 2019

UN NADAL DE CONTO


Xa é Nadal ! E a nos "Arbore da Lingua " esta chea de desexos e de fermosos contos de Nadal.

Fíxose unha árbore dos desexos, todos equipos de traballo de cada clase decidiron que desexo poñerían nunha bola, Houbo mensaxes moi bonitas, tales como Paz, que ninguén estea só nestas datas, familia, reunións; tamén atopamos mensaxes reivindicativas tales como que non sintamos vergoña da nosa lingua nin de ser galegos, que haxa igualdade , liberdade, que todos sexamos tratados por igual sen ter en conta cor, sexo ou cultura... e tamén houbo lugar para os máis simpáticos: un rapaz pedía "chocolate", e, por que non?


Pero a nos árbore de Nadal non está soa no espazo dedicado á Lingua Galega, moitos rapaces da ESO e algúns de E. Primaria fixeron uns relatos de Nadal que nada lle teñen que envexar aos irmáns Green. Para poder redactalos, o equipo de DL deste colexio propuxo unha serie de palabras que debían estar no conto, tales como  Apalpador, familia, ledicia, luces, maxia.....
Con esta premisa os novos autores escribiron as súas obras, algunha moi orixinal, pois está escrita desde o punto de vista dunha árbore de Nadal que desexa que as festas pasen para volver á normalidade, ou outro conto no que o Apalpador propuxo un xogo aos nenos e foi o mellor Nadal desa familia.
Se queredes saber máis, só tedes que achegarvos á Nosa Árbore da Lingua e lelos.
Os nenos de E. Infantil serán público destes contos, pois moitos deles serán lidos para eles polos autores dos mesmos,







E desde aquí, todos os integrantes do equipo de Dinamización Lingüística deséxanvos un feliz Nadal e un Venturoso Aninovo cargado de saúde para todos e sobre todo para a Lingua Galega.

GAÑADORES DA "ADIVIÑA DE OUTONO"






Velaqui están os flamantes gañadores do Concurso de "Fotografía descritiva de Outono", este ano dedicado ás adiviñas referidas aos froitos de outono.
Héctor Rodeiro, de 5º de EP,alzouse co premio coa seguinte adiviña: "Marrón por fora, verde e branco por dentro, con bailarinas no seu cento, ten vitamina C e axúdate no teu crecemento. Que é?"

Pola súa banda, Lara Míguez de 3º de ESO fixo unha fermosísima foto acompañada da eguinte adiviña:"De pel vermella e duro corazón , vive nas alturas e cae a trompicóns? Que é?"

Pois por se necesitades axuda e aínda non caedes , as solucións están aquí: kiwi e mazá. Que fácil!

Parabéns aos gañadores e que sigan escribindo en galego!

viernes, 6 de diciembre de 2019

ADIVIÑAS DE OUTONO







Un ano máis por estas datas celébrase no noso colexio o Concurso de Fotografía Descritiva de Outono. Este curso a temática foi de adiviñas relacionadas con froitos de outono.
Foron moitos os rapaces que se animaron a participar no concurso, pero na nosa Árbore da Lingua só se puideron colgar as màis orixinais.
Despois de que todos os integrantes do Equipo de Dinamización debatísemos cal era a mellor adiviña e a que estivera máis en consonancia coa fotografía, os gañadores foron  Héctor de 5º de EP e Lara de 3º ESO.

Velaquí algunhas das adiviñas e as gañadoras,


Adiviña de Hector de 5º de EP
Adiviña de Lara de 3º de ESO