viernes, 14 de mayo de 2021

XELA ARIAS: A MULLER FEITA POESÍA

 

Xela Arias, escritora, tradutora e docente, toda a súa actividade xirou arredor das palabras. Esta é a máis sinxela das presentacións para coñecer á homenaxeada das Letras Galegas deste ano.

Como todo o mundo sabe, o 17 de maio é a gran festa da literatura galega, e a Academia Galega decidiu que neste 2020 tan raro fora dedicado a unha escritora que nos deixou moi nova.

O alumnado, desde os máis pequenos aos maiores, tiveron que coñecer a figura de Xela Arias, investigar, crear e mesmo xogar para poder desentrañar os máis escuros misterios que había sobre a súa figura.

A máxima que rexeu a vida de Xela foi a seguinte:  "Escribo en galego porque estou aquí e, desde logo, Galicia pertence, aínda, aos derrotados". E, como o idioma é o principal símbolo dunha cultura, os nosos alumnos dedicaron toda a súa creatividade para compoñer versos dedicados a esta muller tan singular.

Os máis pequenos fixeron todo tipo de actividades como podedes ver nas seguintes fotos:





E hoxe, día da súa festa, todo o colexio fixo de Xela Arias o símbolo da poesía. A súa imaxe encheuse de versos, e no patio sonou música, contos e chíos en galego.


En Educación Primaria e na ESO tamén traballaron arreo para coñecer a esencia de Xela, así souberon que Xela naceu en Sarria, estudou no prestixioso Colexio Fingoi de Lugo, e como o seu pai era mestre e foi destinado a Vigo, foi alí onde a rapaza continuou os seus estudos. Xa desde pequena participaba en concursos literarios. De moza traballou na editorial Xerais e máis tarde foi profesora de Literatura. A poesía foi o vehículo da súa expresión. Publicou obras moi interesantes pero a preferisa dos nosos alumnos é "Darío a diario", que escribiu ao nacer o seu fillo.

Hoxe, desde primeira hora, e en quendas, debio á pandemia , os alumnos e alumnas foron baixando ao patio para poder compoñer a figura de Xela. Un representante de cada clase colocaba a súa obra -puzle sobre a imaxe da escritora e despois procedíase a ler un conto ou un poema.

 









Finalizamos a mañá cantando o noso himno. No patio só se atopaban os alumnos de 3º e 4º de ESO, pero o resto do alumnado acompañou desde as súas aulas poñendo emoción ao momento.


 

Esperemos que o vindeiro ano xa poidamos desfrutar todos xuntos desta a nosa festa máis importante.