jueves, 30 de noviembre de 2023

POLO SAN ANDRÉS, TROMPOS AOS PÉS


 S. Andrés era hoxe,e como en tal data os trompos andan a ras do chan  e algunha que outra buxaina veu bailar no noso colexio. Moitos o intentaron (que niso consiste este deporte) pero só uns poucos elexidos puideron facer que bailasen.

Os rapaces de ESO viñeron preparados tanto para bailar o peón coma para ensinar aos pequenos. Velaquí algunhas imaxes:



 Algúns dos rapaces fixérono moi ben, como Pablo, Miguel, Aarón, Rubén e Diego, o resto intentárono con máis ou menos sorte pero quen a bailou moi ben, coma se levara toda a vida facéndoo, foi a nosa directora Carmelina.

As imaxes valen máis que mil palabras, por iso deixamos por aquí algunhas fotos.







viernes, 24 de noviembre de 2023

XIX XORNADA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

 

Como xa vén sendo costume, cada ano por estas datas, celébrase a Xornada de Normalización Lingüística promovida por Escolas Católicas e ten lugar no marco incomparable do Consello da Cultura Galega en Santiago.

Tamén , como vén sendo habitual, son as mesmas persoas quen dan a benvida a todos os coordinadores e coordinadoras de Lingua de todos, ou case todos, os centros adscritos a Escolas Católicas. 

Juana Otero, secretaria autonómica de Escolas Católicas, dounos a benvida e analizou o programa da XIX Xornada.

Valentín García, secretaro xeral de Política Lingüísta, animounos aos docentes a sementar o galego entre o noso alumnado.

Silvestre Gómez, secretario do Consello da Cultura e profesor xubilado, animounos a seguir con ilusión o noso traballo a prol da nosa lingua. 


Teresa Pastor Novo, Susana Villalta e Fuco Paz axudáronnos a mergullarnos no mundo de Luísa Villalta.

Resaltaron a importante figura da autora que será homenaxeada nas Letras Galegas 2024. Villalta foi unha artista polifacética, escribía, tocaba o violín, pero sobre todo foi unha moi querida profesora.


 Unha moi interesante ponencia foi a de Carina Fernández, comisaria da exposición "As mulleres do Seminario de Estudos Galegos". Non só foron homes os que compuxeron o Seminario de Estudos Galegos hai 100 anos, tamén houbo mulleres, que nunca ou case nunca aparecen nos libros de textos.

Esta exposición pódese ver no Gaiás.

Eira Losada, creadora de contido en galego e Borxa González, mostráronos como a Lingua Galega está presente nas redes e  de actualidade. Tamén destacaron a importancia de consumir e e de crear contidos en galego para as redes sociais así como o seu uso no eido educativo.


 Chegou o mento de rendirlle homenaxe ao Breogán, equipo que en todas as súas comunicacións utiliza o galego.En representación do club acudiu Marcos Fernández, responsable de comunicación do club.


 Os Premios Irmán Reboiras á mellor iniciativa de fomento do galego, que contan co patrocinio por editorial rodeira Edebé e co apoio da SXPL, recaeron no proxecto “Compacontos”, do colexio Compañía de María da Coruña, e na iniciativa “Saca a lingua a pasear”, do CPR Fillas de María Inmaculada, de Vigo. No primeiro, o alumnado crea contos solidarios personalizados para nenos e nenas ingresados no Teresa Herrera. No segundo, o alumnado de téxtil do centro de FP creou bolsas con frases en galego e, ao lado, un código QR remite a uns vídeos onde os alumnos/as explican as frases e as traducen a lingua de signos”.


E a Clausura estivo a cargo do violinista PEdro Navarret que interpretou pezas da propia Luisa Villata.

Así rematou unha xornada intensa, na que se veu que o galego abrangue todos os ámbitos sen complexos de ningún tipo.

Esparamos con impaciencia a convocatoria do vindeiro ano.

martes, 14 de noviembre de 2023

IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DESCRITIVA DE OUTONO

 


Cando empeza o outono, gústanos poder desfrutalo de moi préto, así que convocamos, como cada ano o noso Concurso de Fotografía Descritiva, e xa levamos nove edicións.

Este ano escollimos os diferentes froitos de outono para poder fotografalos e dedicarlles unhas verbas, podían ser poesías, relatos, receitas de cociña.......

Cada douscursos tiñan un froito asignado para non nos repetir tanto e facer máis colorida a exposición.

Os máis pequenos fixeron actividades coas castañas.

E os diferentes cursos escribiron e fotografiaron a cabazas, cogomelos, noces,..... Velaquí algunhas das obras:








 

O xurado tívoo moi dificil e os votos estiveron moi axustados nalgúns cursos.

 A entrega de diplomas e un pequeno agasallo tivo lugar na Biblioteca do Colexio. Velaquí os gañadores:


En Primeiro de Educación Primaria o gañador foi Andrés.

 

En Segundo de Educación Primaria gañou Olivia.


En Terceiro de Educación Primaria foi Carlota a gañadora.

En Cuarto de Educación Primaria gañou Diego.


Chegamos a quinto de Educación Primaria e a gañadora foi Ana.


Para acabar a Primaria, en Sexto levou o premio Daniella.


Na ESO o galardón foi para Sara.


Todos os traballos foron moi vistosos e magníficos pero só podía levar premio un de cada clase. 

Esperamos que para o próximo ano poidamos facelo máis interesante e mellor.