sábado, 25 de diciembre de 2021

DESEXOS DE NADAL

O Equipo de dinamización Lingüística do CPR San José de Pontedeume desexavos saúde, familia e amizade neste Nadal e sempre.

Os nosos desexos foron realizados en forma de nube, para que así cheguen máis alto e poidan cumprirse.






Todos os desexos en forma de nube acompañaron neste mes de decembro ao Nacemento que ocupou o patio, así os rapaces vían como as súas nubes facían compaña aos personaxes do Belén esperando ao neno Xesús.

Venturoso Nadal para todos desde o EDL!
 

miércoles, 22 de diciembre de 2021

ARMOUSE O BELÉN!


 

Este ano , os alumnos de 3º e 4º de ESO, puideron desfrutar dunha das actividades máis populares do noso centro: o poder teatralizar o noso tradicional "Belén Vivinte".

Foron moitas as semanas nas que nos adicamos a preparar o guión, repartir papeis, ensaios......





 Logo, o traballo que máis enerxía esgotou foi a procura de tanto vestiariario para a caracterización dos distintos personaxes e a consecución de elementos de "atrezzo" para poder recrear as diferentes esceas do Belén. Por suposto contouse coa axuda da profesora de Plástica Ana García, que nas súas aulas aproveitou para facer a casa de Ana e a de Xosé.


E por fin chegou o gran día, luns 20 de decembros, fixéronse tres pases de Belén, para que fora visto polas aulas de diferentes cursos, e o martes houbo outros tres pases, un deles moi especial, pois os familiares dos actores puideron vir velos e eles estiveron emocionados e agradecidos de volver a ter un pequeno público tan entregado. Hai que comentar que, despois de cada pase, as diferentes clases que baixaron ver o Belén, cantaron unha panxoliña na nosa lingua ao Neno Xesús.

Pousadeiros

Panadeiros

Costureiras

Pastores


Corte de Herodes

                                                                        Pousadeiras
Cidadáns na pousada

E así moitas máis escenas. Foi unha grande experiencia na que os rapaces, que ao principio só pensaban que era unha actividade de Titoría , foron pouco a pouco sendo conscientes do que ilusionaron aos alumnos das outras aulas que ían baixando a velo. Os ollos de admiración dos nenos son o mellor agasallo para tanto traballo.

E dando por finalizada a VII edición do Belén Vivinte, só desexamos a todo o mundo un Bo NAdal e un marabilloso Aninovo.

viernes, 26 de noviembre de 2021

XVII XORNADA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA


Un ano máis, os Coordinadores de Dinamización Lingüística dos colexios de Escolas Católicas reunímonos para celebrar as Xornadas de Dinamización. Este ano é especial, pois é o 30 aniversario da aparición dos equipos de DL nos centros educativos de toda Galicia.

A inauguración da xornada foi levada a cabo pola secretaria autonómica de Escolas Católicas Juana Otero, polo secretario xeral de Política Lingüística Valentín García e pola presidenta do Consello da Cultura Rosario Álvarez. 


A primeira ponencia estivo a cargo do inspector Educativo Elisardo López. O poñente falou sobre o labor desenvolvido polos equipos de Dinamización, antes Normalización, nestes 30 anos de existincia, tamén aclarou o papel que desempeñarán no futuro inmediato á luz do novo currículo da Lomloe.


Débora Álvarez, como directora do proxecto "As Letras de Florencio", achegounos á vida e obra do homenaxeado nas vindeiras Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriagán. Destacou como a comarca de Valdeorras, de onde era orixinario Gurriagán, queda reflectida ao longo da súa obra.


Una das experiencias mostradas nesta edición foi a de "Despedindo a Xela Arias" , onde Patricia Romasanta e Chelo Devesa das Carmelitas de Ourense amosáronnos traballos feitos polo alumnado arredor da figura de Xela Arias.

 

Retomando o tema de Florencio Delgado Gurriagán, Josefa Domínguez do colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras mostrounos como toda a comunidade educativa e o pobo do Barco se involucraron na candidatura de Florencio como homenaxeado das Letras Galegas. Todo o mundo se implicou na figura do autor e todas as festas, actos públicos e actividades ían dirixidas a facer do poeta un posible candidato para o día das Letras.


Chegou a hora de dar os premios "Irmán Reboiras" as mellores iniciativas de fomento do galego. Este ano recaeron en Divina Pastora de Ourensa e o Cluny de Santiago. O primeiro por fomentar a música en galego e o segundo polo seu plan de bibliotecas , o "Galeoteca". Parabéns aos nosos compañeiros destes colexios.




E xa chegamos ao broche final. Este ano os homenaxeados foron os "Raparigos de Ferrol", banda de gaiteros que levan 50 anos levando a súa música tradicional por todo o mundo. É especial para nós porque o grupo é de Ferrol, e nós como colexio pertencemos a esa zona en canto á Dinamización Lingüística, así que tamén puxemos o noso gran de area no video co que lle rendemos unha sinceira homenaxe a este grupo de valentes que, aínda cando non se podía, levaban a música e a fala galega alí por onde ían. 




E así, a ritmo de foliada e muiñeira, despedimos as Xornadas de Dinamización ata o ano que vén.



martes, 16 de noviembre de 2021

ACTIVIDADES DE OUTONO EN GALEGO

 


Como está sendo costume cada outono, o equipo de Dinamización Lingüística convoca o concurso de Fotografía de outono, está claro que non só é importante a foto, senón o texto que a acompaña.

Este ano houbo moita calidade e cantidade de obras para expoñer, o xurado tívoo moi difícil pois había verdadeiras obras de arte.

Por mor dos protocolos COVID, non puidemos realizar esta actividade en grande masa, así que a distribución das tarefas foi a seguinte:

Os alumnos da ESO fixeron de contacontos virtuais, como non podían ir de clase en clase contando esas fermosas historias que tiñan por protagonistas aos cogomelos, ás cabazas, ás castañas e outros froitos de outono, tiveron que preparalo e grabarse para que os pequenos puideran desfutrar deses contos,







Logo, os rapaces de 5º EP, 6º EP e toda a ESO fixeron fotografías aos protagonistas do outono: cabazas, cogomelos, castañas......pero o máis impresionante foi a inspiración para compoñer os seus pequenos textos. Velaquí unha mostra:






O xurado estivo formado polos alumnos de 3º e 4º de EP ; labor que se tomaron moi en serio, pois un concurso de Lingua é algo moi importante. Despois de mirar, ler, reler e pensar procederon á votación.





Só podía haber unha foto- literaria gañadora, e esta foi a número 77, a artista é Daniela Vidal Eiroa de 6º de EP co seu texto adicado ás cabazas. 

Parabéns a 



e a todos os rapaces participantes. O ano vindeiro haberá máis!