domingo, 26 de febrero de 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

Celebramos o nacemento de Rosalía de Castro con diferentes actos promovidos polo equipo de Dinamización Lingüística , co gallo de dar a coñecer a figura da grande escritora galega.
En todas as aulas, dende E.I ata ESO, rendiuselle unha agarimosa homenaxe recitando os seus emblemáticos poemas, interpretando poemas musicados, falando da súa vida e obra........
Aquí está una pequeñísima escolma do realizado en conmemoración da figura de Rosalía de Castro:




E O MANDADIÑO CHEGOU

Como cada Entroido, a fantasía chega ao noso Centro. Este ano tocoulle ao Mandadiño invitarnos a que todos nos disfrazáramos dun mesmo xeito. Primeiro foi a garavata, logo o chapeu, a perruca e por último o anteface ou lentes.
Toda a comunidade educativa participou de bo grao e fixo que os recreos e mesmos as aulas de diferentes materias foran máis divertidas.
Aquí deixamos una pequena mostra do que aconteceu esta semana no noso Colexio.
Moitas grazas por participar



miércoles, 15 de febrero de 2017

ENTROIDO, ENTROIDIÑO CHEGA O MANDADIÑO



A partir do luns aparece o Mandadiño no noso centro e iranos acompañando durante todo o Entroido.
Este personaxe indicaranos que prendas teremos que vestir do luns ao xoves para que pareza un Entroido de verdade.
LUNS: unha garabata
MARTES: un chapeu
MÉRCORES: unha perruca
XOVES: uns lentes ou anteface

Veña!! Participemos todos e sintamos o Entroido no corpo!



E.........San Valentín chegou ás nosas aulas!

Como cada febreiro o día de San Valentín chega ás nosas vidas, e como non podía ser doutro xeito, todos os nosos rapaces escribiron e recibiron bonitas cartas de amizade.
Dende os máis pequenos ata os maiores sentíronse moi ledos coas súas cartiñas.
 Ningúnha persoa se quedou sen recibir algunha misiva.
Os máis pequerrechos fixeron unha festa da "amizade " ao rítmo de  "Quérote máis".de Sonoro Maxin:
"Quérote máis , quero querote máis que a tortilla de patacas con xamón
Quérote máis quero Quérote máis cada vez que me latexa o corazón"