jueves, 8 de mayo de 2008

O CONTO VIAXEIRO

O conto viaxeiro rematou as súas andaduras polas aulas do colexio. Nestes momentos está sendo ilustrado por nenos e nenas do colexio para que quede máis atractivo para todos.

 O día das letras galegas repartirase un exemplar a cada neno para que poidades disfrutar da historia da que sodes coautores, cos aoutros nenos e nenas do colexio, sempre que queirades.

Xa queda pouco para telo nas vosas mans.

A historia relatada

XA TEMOS GAÑADORES!!

Onte o Equipo de Normañización Lingüística seleccionou os modelos  gañadores para facer as pegatinas cun lema en prol do uso do galego, de entre as finalistas presentadas por cada clase. Os gañadores foron Sofía Rodriguez Barbeirto de 3º de EP para primaria e Juan Cabral Sardiña de 2º da ESO para secundaria.

As pegatinas repartiranse o día das letras galegas.

A ambos os dous parabéns!!

miércoles, 30 de abril de 2008

Semana das letras galegas

Como todos os anos, a unidade veciñal Olmo convídanos a participar en todos os actos que con motivo da letras galegas se van a celebrar a semana do 1 ao 18 de maio. Estes actos versarán unha vez máis sobre mostras de artesanía e encontros culturais.

Gracias aos veciños de OLMO por invitarnos un ano máis a participar nos seus actos.

Remata o prazo para o concurso de pegatinas!

O concurso de pegatinas que se está a desenvolver no centro chega ao seu fin. Neste momentos as pegatinas están esportas polos pasillos. Recordade que en cada clase deben escollerse tres, que serán as concursantes a nivel de centro.

O próximo mércores 7 de maio farase a elección. Estade atentos ao gañador

Xa está rematado o conto viaxeiro!

O conto viaxeiro rematou as súas andaduras polo colexio. Todas as clases dende a de tres anos ata  a de ciclo formativo aportaron o seu gran de area a ste conto. Nestes momentos estáselle dando forma e preparándoo para darllo aos ilustradores.

Xa queda menos para coñecer o seu contido.

miércoles, 16 de abril de 2008

Rosalía ilustrada

Os alumnos do colexio están a acudir á exposición sobre a vida de Rosalía de Castro que se está a expoñer na casa da Cultura do Concello.

A exposición Rosalia Ilustrada intégrase nun programa de exposicións didácticas organizadas polo Servicio Educativo Caixa Galicia.

Trátase dunha recompilación de vintecinco poemas de Rosalía ilustrados por cadanseu debuxante. Todos eles son importantes ilustradores de recoñecido prestixio tanto en Galicia como fora de aquí e aportan un complemento gráfico para a mellor comprensión dos poemas escollidos.

Despois de acudir á exposición trabállase na clase cun material didáctico vinculado ás diferntes areas curriculares, complemento da exposición para asentar os coñecementos adquiridos na mesma.

miércoles, 9 de abril de 2008

PERSOEIROS QUE DAN NOME ÁS NOSAS RÚAS

Os alumnos da ESO e do ciclo formativo andan a investigar sobre as vidas dos persoeriros que dan nome ás rúas da nosa vila.

Saavedra Meneses, Doctor villanueva, Ricardo Sánchez, Raxoi, Salgado Torres, Maestro Álvarez Vázquez Penedo.... estes e moitos outros nomes resúltannos moi familiares xa que os nosos amigos, avós, o incluso nos mesmos vivimos nas rúas que levan estes nomes, pero... que farían ese homes para merecer tal privilexio?

O CONTO VIAXEIRO CHEGA Á ESO

            O  conto viaxeiro segue a súa andanza a traves das clases do colexio. Nestes momentos atópase en 1º da ESO, tras pasar por EI e EP. Xa vai tomando forma, e aínda que non vos imos desvelar o contido, si vos diremos que transcorre unha fermosa fraga, con flores, árbores, amimaliños.... e ata un ogro.


xa queda pouco para o desenlace, así que seguiremos informándovos sobre o mesmo!

viernes, 4 de abril de 2008

CONTO VIAXEIRO

Dende a volta das vacacións de semana Santa e ata o día das letras galegas estase a escribir un conto polos rapaces e rapazas do colexio. Comezouse na clase de 3 anos e irá circulando polas deferentes aulas ata a de ciclo formativo.

Actualmente atópase en 5º de primaria. Unha vez rematado, enmaquetarase, ilustratase e se publicará para dar a coñecer o resultado final.

Irémosvos informando de como se vai desenvolvendo.

CONCURSO DE PAGATINAS

O equipo de Normalización lingüística do colexio organizou un concurso de pegatinas en prol do uso do galego, no que participan todas as clases. Cada clase participará contres pegaticas que serán expostas polos corredores. De entre todas as propostas elexirase a que mellor represente a idea do fomento do uso do galego. A gañadora será impresa como pegatina e repartirase polo centro.

Ánimo a todos e sorte co voso deseño!

domingo, 17 de febrero de 2008

OLA A TODOS!

En resposta  ao comentario de Isabel, gustaríame dicir que  non pretendemos que  a xente use un galego normativo; incluso nós, victimas deses cambios cometemos erros frecuentes. O que sí pedimos e que, xa que este é un blogue de normalización lingüística, os comentario que se fagan, que sexan en galego.

Este comentario púxose  por mor  de recibir comentarios en castelán que non poden ser posteados.

Dámosvos as grazas  por participar no blogue, e  por suposto animámosvos a seguir facendoo.

jueves, 14 de febrero de 2008

RECORDADE!

Encántanos que participedes no Blogue de normalizacón, pero recordade que para poder publicar os vosos comentarios é necesario facelo en galego.

Animámovos a todos a participar!

lunes, 11 de febrero de 2008

Que significa diversión?

Pensemos un intre no significado da palabra diversión. Di-versión, divertirse soa a verterse ou volcarse, saír de un mesmo, de certa maneira. Un pode sair e perderse, ou pola contra, sair con dominio da situación para atopar un momento de grande benestar consigo  mesmo. A diversión é moi necesaria, xa que fainos medrar como persoas,canalizando as nosas preocupacións e enfados,relativizando os problemas da vida...; e ademáis, a quen non lle gusta divertirse?


   

domingo, 20 de enero de 2008

ACHÉGASE O ENTROIDO!

Chega o entroido, tempo de disfraces, comparsas, filloas, orellas...  e no colexio, igual que na vila,  preparámonos para festexar estes días con ledicia. Xuntos riremos cantando ao son das comparsas e tentando adiviñar as identidades ocultas dos disfrazados. Pero cóntanos, ti como tes pensado pasar estas datas?

jueves, 10 de enero de 2008

¡BENVIDOS AO BLOG DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA!

Dende o Equipo de Normalización Lingüística do colexio, decidimos abrir un espazo de comunicación e reflexión aberto a todos, donde poder manifestarnos na nosa lingua.

Para iso, iremos propoñendo periodicamente temáticas sobre as que reflexionar, que esperamos sexan do voso interese.

¡Contamos coa vosa colaboración para que este Blog saia adiante!