jueves, 12 de noviembre de 2009

Festa do Magosto 2009

Que bo magosto o celebrado no colexio!!!!

O alumnado da Escola San José disfrutou asando e degustando as saborosas castañas para celebrar o magoso 2009. Participaron os rapaces en xogos por equipos e  na ambientación do patio con distintos traballos.

O noso fermoso castiñeiro encheuse de ourizos, castañas e follas que contiñan adiviñas, ditos populares e receitas de cociña. O chan, quedou cuberto de cantigas populares e fungos con refráns. Tamén no ceo apareceron as nubes coas súas  historias e lendas sobre o magosto.

Que bonitiño nos quedou! e... Que ben o pasamos! Ata o próximo.

jueves, 5 de noviembre de 2009

ANIMACIÓN Á LECTURA

Aquí tedes un espazo para publicar frases que animen a ler.Das editadas, cal delas será a millor?

- "ti es o que les"

- "Un libro pechado é un mundo por descubrir, cheo de ilusión"

- "Un libro é un amigo, disfruta del"

- "Para viaxar lonxe, a mellor nave...un libro"

- O cerebro tamén ten fame. Dalle de comer: Le! . José Lois

- Ler é gratis e é unha oferta ilimitada. Aprovéitaa. José Lois

- Vive a vida. Vive a lectura. José Lois

- Os libros encerran un mundo, ler é a forma máis barata de viaxar. José Lois.

- Os libros son diversión a todos os prezos. José Lois

VALOREMOS O NOSO

Aquí tedes unha frase que pode ter moitísimas lecturas, animádevos a contarnos o que pensades dela. Que valorades máis da nosa terra?