viernes, 26 de noviembre de 2021

XVII XORNADA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA


Un ano máis, os Coordinadores de Dinamización Lingüística dos colexios de Escolas Católicas reunímonos para celebrar as Xornadas de Dinamización. Este ano é especial, pois é o 30 aniversario da aparición dos equipos de DL nos centros educativos de toda Galicia.

A inauguración da xornada foi levada a cabo pola secretaria autonómica de Escolas Católicas Juana Otero, polo secretario xeral de Política Lingüística Valentín García e pola presidenta do Consello da Cultura Rosario Álvarez. 


A primeira ponencia estivo a cargo do inspector Educativo Elisardo López. O poñente falou sobre o labor desenvolvido polos equipos de Dinamización, antes Normalización, nestes 30 anos de existincia, tamén aclarou o papel que desempeñarán no futuro inmediato á luz do novo currículo da Lomloe.


Débora Álvarez, como directora do proxecto "As Letras de Florencio", achegounos á vida e obra do homenaxeado nas vindeiras Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriagán. Destacou como a comarca de Valdeorras, de onde era orixinario Gurriagán, queda reflectida ao longo da súa obra.


Una das experiencias mostradas nesta edición foi a de "Despedindo a Xela Arias" , onde Patricia Romasanta e Chelo Devesa das Carmelitas de Ourense amosáronnos traballos feitos polo alumnado arredor da figura de Xela Arias.

 

Retomando o tema de Florencio Delgado Gurriagán, Josefa Domínguez do colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras mostrounos como toda a comunidade educativa e o pobo do Barco se involucraron na candidatura de Florencio como homenaxeado das Letras Galegas. Todo o mundo se implicou na figura do autor e todas as festas, actos públicos e actividades ían dirixidas a facer do poeta un posible candidato para o día das Letras.


Chegou a hora de dar os premios "Irmán Reboiras" as mellores iniciativas de fomento do galego. Este ano recaeron en Divina Pastora de Ourensa e o Cluny de Santiago. O primeiro por fomentar a música en galego e o segundo polo seu plan de bibliotecas , o "Galeoteca". Parabéns aos nosos compañeiros destes colexios.




E xa chegamos ao broche final. Este ano os homenaxeados foron os "Raparigos de Ferrol", banda de gaiteros que levan 50 anos levando a súa música tradicional por todo o mundo. É especial para nós porque o grupo é de Ferrol, e nós como colexio pertencemos a esa zona en canto á Dinamización Lingüística, así que tamén puxemos o noso gran de area no video co que lle rendemos unha sinceira homenaxe a este grupo de valentes que, aínda cando non se podía, levaban a música e a fala galega alí por onde ían. 




E así, a ritmo de foliada e muiñeira, despedimos as Xornadas de Dinamización ata o ano que vén.



martes, 16 de noviembre de 2021

ACTIVIDADES DE OUTONO EN GALEGO

 


Como está sendo costume cada outono, o equipo de Dinamización Lingüística convoca o concurso de Fotografía de outono, está claro que non só é importante a foto, senón o texto que a acompaña.

Este ano houbo moita calidade e cantidade de obras para expoñer, o xurado tívoo moi difícil pois había verdadeiras obras de arte.

Por mor dos protocolos COVID, non puidemos realizar esta actividade en grande masa, así que a distribución das tarefas foi a seguinte:

Os alumnos da ESO fixeron de contacontos virtuais, como non podían ir de clase en clase contando esas fermosas historias que tiñan por protagonistas aos cogomelos, ás cabazas, ás castañas e outros froitos de outono, tiveron que preparalo e grabarse para que os pequenos puideran desfutrar deses contos,







Logo, os rapaces de 5º EP, 6º EP e toda a ESO fixeron fotografías aos protagonistas do outono: cabazas, cogomelos, castañas......pero o máis impresionante foi a inspiración para compoñer os seus pequenos textos. Velaquí unha mostra:






O xurado estivo formado polos alumnos de 3º e 4º de EP ; labor que se tomaron moi en serio, pois un concurso de Lingua é algo moi importante. Despois de mirar, ler, reler e pensar procederon á votación.





Só podía haber unha foto- literaria gañadora, e esta foi a número 77, a artista é Daniela Vidal Eiroa de 6º de EP co seu texto adicado ás cabazas. 

Parabéns a 



e a todos os rapaces participantes. O ano vindeiro haberá máis!