miércoles, 10 de febrero de 2010

AS LETRAS DAS COMPARSAS DO NOSO ENTROIDO

E.INFANTIL

Retrouso:

Pásao ben,

baila moito e mira con quen.

Pásao ben,

come orellas, filloas tamén.

Na festa do Entroido

 facemos o indio

as mestras tolean

co noso ruído

A xefa da tribu

pon a todos firmes

aos nenos, maiores

non hai quen lle imite.

Retrouso

Coas  tecnoloxías

non temos costume

pois nos “chateamos”

 con sinais de fume

Pero a Dire quere

as mestras modernas

cos ordenadores

poñerse coas teclas

1º E 2º PRIMARIA

Os Exipcios

Aquí estamos, os exipcios, os que vimos de moi lonxe,

A anunciarlles, ós rapaces que o entroido xa chegou.

Faraóns e esfinxes, inventamos moitas cousas

e Cleopatra, a raiña, é máis guapa que  unha rosa

Retrouso

Alá polo deserto vivimos moi contentos

Ti dános unha pedra e faremos monumentos

Fixemos moitas momias con papel de envolver

Se queres vir connosco, pasaralo moi ben

E se queres disfrazarte, falarás coas nosas profes

E faranche deseguida un bo taxe con recortes

Retrouso

Se cruzas o Nilo, terás un bó destino

Non cruces polo Ganxes, non é o noso camiño

Ven súbete ó camelo, con moita suavidade

Verás o patrimonio , da nosa humanidade

3º E 4º PRIMARIA

FRESCURA POPULAR.

OS ESQUIMAIS

Que viva, que viva,

que viva o entroido

que viva, que viva

desexamos todos.

Galegos por todo o mundo

galegos por todo o mundo

tamén na zona polar.

Con frescura celebrando

as festas do Carnaval.

Que viva, que viva....

Vestimos pel de animais

vestimos pel de animais

para dar conta do frío

co xeo como anestesia

as dores non as sentimos.

Que viva, que viva....

Convivimos coas focas

convivimos coas focas

con osos, tamén con cans

viaxamos en trineo,

patinamos polo chan.

Que viva, que viva.....

Xa logo nos recollemos

Xa logo nos recollemos

no iglú dos esquimais

a durmir e descansar,

soñando cos carnavais.

Que viva, que viva....

5º E 6º PRIMARIA

AVE CÉSAR

Somos os romanos e neste 2010

Vimos conquistar o imperio “San Xosé”

Coliseos, murallas, pontes e demais

Son cousas que deixamos pero aínda hai máis.

Somos os romanos, romanos

Isto é o que deixamos, deixamos.

Cos números romanos has de pelexar

Aínda que te aburran, tes que aprobar.

Coas mates e leóns has de loitar

Como os gladiadores fixeron cos leóns.

Somos os romanos…

Se tedes o galego, inglés e castelá

Debédesllo ao latín que botou unha man,

Menos falar e mais reflexionar,

Usa ben a lingua e a comunicar.

Somos os romanos...

Antes era César o que gobernaba

Agora son os profes os que vos mandan.

Tantas materias, que aburrimento

Quero máis recreo, máis divertimento.

Somos os romanos...

Fixemos teatros para disfrutar,

Agora temos festa para celebrar,

Estamos no Entroido pasámolo xenial,

Romanos, galegos, iso dá igual.

Somos os romanos...

 1º E 2º ESO

“O ROCK AND ROLL DO ENTROIDO”

Un día chegou Elvis e púxose a cantar

Con él Michael Jackson botou a bailar

Veu detrás  Madonna e todo se animou e

o gran Bruce Springsteen comeza a tocar o rock

todo o mundo a bailar

todo o mundo coa canción

correron a bailar o rock

Chaplin sabía darlle o saxofón

E os vaqueiros dábanlle duro ao tambor

Hommer batería dicía tocar

E todo Springfield comezou a bailar o rock

Todo o mundo a bailar

Todo o mundo coa canción

Correron a bailar o rock

O paiaso Ronald non quería bailar

Estaba moi canso para rockanrolear

A unha coca-cola alguén o invitou

Non tivo reparos e saltou a bailar o rock

Todo o mundo a bailar

Todo o mundo coa canción

Correron a bailar o rock

Dixo Groucho Marx que non estaba mal

Pero o Tío Sam non quería parar

Os hippis cantaban cánticos de paz

mentres Barak Obama marcaba o compás

Todo o mundo a bailar

Todo mundo coa canción

Correron a bailar o rock
Un amargado non quixo bailar
Foise ao rincón e púxose a chorar
Chegou Elvis Presley e díxolle así:
“O rock and roll de entroido” é para gozar!, o rock
Todo o mundo a bailar
Todo o mundo coa canción
Correron a bailar o rock

 3º E 4º ESO

Somos de México lindo e querido

E unha rancheira ímosvos cantar

Estade atentos, deseguida nos vamos

e non nos deixan volver actuar

Como sodes moi aplicados

Non hai problema para nos situar

Estamos baixo os americanos

E xusto enriba de América central

Os nosos profes estarían encantados

uns días lonxe sen nos aturar,

en Acapulco, Cancún, ou Tijuana,

calquera serve para desconectar

Aínda que vamos así vestidos

Curramos moito para aprobar

pero o Entroido xa chega estes días

e aquí vimos cantar e bailar

Tede coidado cando fame teñades

As nosas salsas pican a rabear,

Non vaia ser que de tantos ardores

Os bombeiros teñades de chamar

Pois isto e todo, por hoxe xa chega

Cando queirades vídenos visitar

Cruzade o charco en avión ou en barco

Os mexicanos alí sempre estarán.

A VOLTAS CÓ AMOR

Querido amigo,

Eu quería falar contigo, xa que quero que saibas que te quero, pero non é un sentimento calquera, é de verdade, cada cousa lémbrame a ti.Eu non quero que isto sexa dun día, senón, que quero algo serio; logralo gustaríame moito. Creo que por intentalo nunca se perde nada, eu quería que isto o soupeses por se ti queres o mesmo, senón é así e estou errada , non pasa nada, compréndoo aínda que me doa moitísimo. Agora xa o sabes, e es ti o que ten que decidir

María 3º ESO

Querida amiguiña,

Somos coñecidos desde hai tempo. Non temos unha amistade moi alá pero sei que chegará a bon porto. Ti es simpática e amable e eu intento corresponderte de igual forma.

Sinto mais agora teño que marchar ao estranxeiro, espero que aínda estés libre cando volva. Mentras tanto direille a un amigo de confianza que te coide moito

Un bico Xaime 3º ESO

Ola,

Ti a min non me coñeces pero eu non fago máis que pensar en ti día e noite, mañá e tarde, soñar contigo. Gustaríame que me coñeceras pero sei que non me corresponderías, só quero que saibas que tes un pequeno corazón conquistado no mundo...

Con amor..... Anónimo (3º ESO)