lunes, 7 de noviembre de 2011

OS CÓMICS DO MAGOSTO


Os alumnos de 4º de ESO están a traballar o cómic como forma de expresión. O primeiro é algo sinxelo, pero irá mellorando pouco a pouco. A presentación seguinte versa sobre o "Magosto".

miércoles, 1 de junio de 2011

"AS NOSAS LETRAS"


Como todos os anos por estas datas, o alumnado dos colexios do concello de Pontedeume, disfrutaron dunha xornada de aprendizaxe e lecer coa Asociación Olmo, que todos os anos ten a ben convidarnos.
O alumnado participou nos distintos obradoiros (oleiros, ferreiros, tecelás…) coñecendo variados oficios e xogos populares tan esquecidos últimamente.
Coma sempre, fomos obsequiados cun aperitivo que tras a caminata veunos moi ben.
Desde aquí queremos agradecer á Asociación Olmo o seu traballo a prol das Letras e a Cultura Galegas, así como o moito que nos fai disfrutar con esta celebración.


Así quedou a nosa árbore das palabras:


Para rematar, coincidindo co aniversario do grupo folclórico "Orballo", presentouse unha mostra do traxe típico da comarca mariñana




miércoles, 6 de abril de 2011

CINENSINO

O 5 de abril o alumnado de 4º, 5º e 6º de E.P asistiu á terceira e última película do curso 2010-2011, dentro do Programa de Prevención.
A película "Fantástico Mr. Fox" pertence ao módulo "Respecto pola natureza", resultou moi entretida e serviu para que os nenos aprendan a respectar a natureza como unha cuestión de supervivencia e reflexionar sobre o noso estilo de vida.
Doc1

VII FESTA DA LINGUA- PREMIO FREI MARTIÑO SARMIENTO

O día 1 de abril e con motivo da celebración da Festa da Lingua, o segundo ciclo de E.P. desprazouse a Santiago para disfrutar dunha xornada literario-lúdica que resultou moi pracenteira.
Todos poidemos disfrutar da presenza dos autores dos libros seleccionados para a lectura nas diferentes clases.
A mañá adicouse á parte literaria (coloquio, entrega de premios...) e a tarde foi unha xornada festiva e de disfrute dos xogos e inchables.

domingo, 13 de marzo de 2011

"A muller traballadora"

A nosa árbore cargouse de froitos dedicados ás mulleres traballadoras, son unha pequena homenaxe que moitos nenos quixeron facer neste día tan especial.

domingo, 6 de marzo de 2011

OBRADOIRO "CANTA MÚSICA"

Dentro do proxecto "Bocaberta", o vindeiro día 8 de marzo realizarase un obradoiro "Canta música" na Ludoteca do Cantón de Molíns en Ferrol, a cita é ás 12 da mañá, non esquezades ir se o queredes pasar ben!. Veña, animádevos!

sábado, 26 de febrero de 2011

A ÁRBORE DO AMOR

No patio do colexio medrou unha árbore moi especial, neste mes de febreiro encheuse de froitiños moi delicados, son declaracións de amizade, de amor, de gratitude....., para saber máis só hai que acercarse a el e disfrutar lendo os froitos que colgan das súas pólas