miércoles, 1 de junio de 2011

"AS NOSAS LETRAS"


Como todos os anos por estas datas, o alumnado dos colexios do concello de Pontedeume, disfrutaron dunha xornada de aprendizaxe e lecer coa Asociación Olmo, que todos os anos ten a ben convidarnos.
O alumnado participou nos distintos obradoiros (oleiros, ferreiros, tecelás…) coñecendo variados oficios e xogos populares tan esquecidos últimamente.
Coma sempre, fomos obsequiados cun aperitivo que tras a caminata veunos moi ben.
Desde aquí queremos agradecer á Asociación Olmo o seu traballo a prol das Letras e a Cultura Galegas, así como o moito que nos fai disfrutar con esta celebración.


Así quedou a nosa árbore das palabras:


Para rematar, coincidindo co aniversario do grupo folclórico "Orballo", presentouse unha mostra do traxe típico da comarca mariñana