jueves, 22 de junio de 2023

48 HORAS EN GALEGO


 

Neste último trimestre do curso, os alumnos de 2º de ESO participaron nun proxecto piloto que desexamos que poida seguir desenvolvéndose nos cursos vindeiros.

Trátase de vivir "48 horas en galego", para iso os rapaces asinaron un contrato no que se comprometían a levar a cabo esta actividade, deberían expresarse en galego en todos os ámbitos, tanto na escola como fóra dela, agás nas aulas de Lingua castelá e idiomas estranxeiros.

Transcorridas as 48 horas, o alumnado fixo unha memoria do que lles aconteceu durante este tempo.





 As conclusións ás que chegaron os rapaces poderíanse resumir en:

- Ao principio foi difícil porque non están acostumados a falar galego fóra das aulas de Lingua.

- Todo o mundo os axudou para facerlles máis doada a actividade.

- Sentíanse raros ao ser os únicos que falaban galego na pandilla de amigos.

- O segundo día foi más fácil e xa estaban inmersos no galego.

- No whassapt da clase escribían todos en galego. Se alguén se esquecía, lembrábanllo os compañeiros.


Pódese dicir que con só un pouco de esforzo e querer facelo, a Lingua galega amosa ter un gromo de futuro.

martes, 23 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023- FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

 

Estamos a piques de rematar maio e con el vaise o mes das Letras Galegas que non o ano, pois a Francisco Fernández del Riego seguirá sendo homenaxeado durante todo o que queda do 2023.

Durante todo este mes, nas aulas do colexio , estívose a traballar a figura de don Paco, como lle gustaba que o chamaran.



 Chegado o día da celebración das Nosas Letras, reunímonos todos no salón de actos e deu comezo a nosa homenaxe a tan célebre persoeiro da cultura galega.

Noa e Jimena, alumnas de 4º ESO, foron as encargadas de ir presentando a Francisco Fernández del Riego entre actuación e actuación. Había tanto que dicir deste autor que a súa traxectoria foi explicada pouco a pouco para que todo o alumnado o entendera sen problema.


Os alumnos de 4º de EP  acompañados de compañeiros de EI e doutros cursos de EP interpretaron a peza teatral "O pozo das palabras" onde denunciaban como o galego vai desaparecendo na boca dos máis novos.



O que quería Francisco Fernández del Riego era que soubésemos de onde vimos para saber onde queremos ir, e así admirar, querer e protexer o que máis nos identifica: a nosa lingua. 

Pois ben, alumnos de 3º e 4º de ESO puxeron todo o seu sentimento bailando "A filla do lobo", onde se pon de manifesto todo o devandito.


Sabemos por declaracións do propio don Paco que lle encantaba a música tradicional, e tiña especial predilección por "A miña burriña", que o coro do colexio interpretou marabillosamente.


Despois desta actuación, os rapaces de ESO interpretaron unha micro peza teatral que daba resposta á obra do principio, o pozo das palabras, aquí os alumnos atopaban esas palabras perdidas e convidaban aos espectadores a utilizalas para que non morreran no esquecemento. A obra chamouse "A fonte das palabras".



 

E logo desta actuación chegou o momento da música tradicional posta en boca das profesoras Mariana e Maria Montero, integrantes de Lilaina e Aliboria, interpretaron maxistralmente "Ruada de Padreiro de Castriz".


Para finalizar o acto, interpretamos todos xuntos a noso himno, acompañados polas gaitas de PAula e Mateo, rapaces de 1º de ESO. Foi un momento moi emocionante no que todos nos sentimos un.



E , para rematar, como di o noso himno, que a nosa lingua non quede no esquecemento!!

sábado, 11 de marzo de 2023

XIV EDICIÓN DO CONCURSO DE NOVOS TALENTOS- COCA-COLA


 

 Ilusión, imaxinación e talento… Tres ingredientes que Inés , Alba, Marta, Hugo e Héctor  teñen e que, un ano máis, desde Fundación Coca-Cola quéreno demostrar participando na XIV edición do "Concurso de Novos Talentos"dirixido a alumnos de 2º de ESO.

Este ano a proba consistía en facer un relato de 800 palabras como máximo coas seguintes palabras:


 Os rapaces e rapazas puxéronse mans á obra facendo un esquema coas ideas que querían introducir no seu relato, creando personaxes, espazo e tempo.

Ao principio estaban nerviosos:


Pero, unha vez que tiveron claro o que querían contar, concentráronse e estiveron as dúas horas que daban de prazo, traballando sen parar.


Se poden soñalo, poden escribilo. Moita sorte neste traballo!

viernes, 24 de febrero de 2023

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, é o día do seu aniversario e por iso é que a queremos homenaxear no seu día.

Falar de Rosalía é falar da máis importante escritora galega de todos os tempos, é dicir que foi a primeira literata que nos ensinou que o mundo estaba cheo de inxustizas; o que ela contaba era a súa realidade que non se afasta tanto da de hoxe.

E non hai nada máis humilde que o caldo, comida de pobres e ricos que quenta as almas. Rosalía deixounos a súa receita e por suposto que o fixemos no colexio.





 O acto de hoxe comezou cun manifesto sobre a figura de Rosalía e a pegada que deixou ata os nosos días . Foi Martín, integrante do equipo de Dinamización, quen o leu para todo o público congregado no patio do colexio.



Toda a súa obra poética está chea de música, non hai máis que buscar nas redes e ver a cantidade de músicos que utilizaron as súas verbas para cantar fermosas cancións: Adiós ríos , adiós fontes, Negra sombra, Ninfa das augas frescas..... só son tres títulos, pero Rosalía compuxo moitísimos máis poemas que hoxe están musicados.

Por esta vinculación coa música , este ano celebramos este día  cantando os poemas rosalianos acompañados de música. Velaquí tedes as imaxes do acto:

Educación Infantil interpretou  "Vente rapasa, vente"


1º e 2º Educación Primaria atreveuse con "Campanas de Bastabales"


3º e 4º de Educación Primaria cantou "Adiós ríos , adiós fontes".


5º e 5º de Educación Primaria versionaron "Nascín cando as prantas nacen".


E, por último, dous alumnos da ESO leron "Negra Sombra"

Ata no ano non volvemos a ter día de Rosalía, pero o legado de Rosalía debería vivir en nós por sempre.

Viva a memoria por Rosalía!


miércoles, 22 de febrero de 2023

POESÍA DE ENTROIDO

 


Neste Entroido que acabamos de rematar, non todo foi festa. O alumnado do colexio tivo que traballar un pouquiño antes de desfrutar das vacacións.

Desta vez tiveron que facer entre toda a clase unha poesía de Entroido. Non foi traballo doado, pois poñernos de acordo leva o seu tempo, ademais, uns querían que rimara, outros que tivera moita metáfora, e os de máis alá que fora moi musical.

Pois aquí vos deixamos o resultado.










 


viernes, 17 de febrero de 2023

TODOS DESFRUTARON CO MANDADIÑO


 

Esta semana , os rapaces e rapazas do colexio fixeron caso ao Mandadiño e viñeron , por quendas , coas cousas que lles encargou o noso Entroido particular.

Velaquí algúns grupos que se quixeron facer unha foto so cesu amigo.











 Estamos agardando polo próximo Entroido, a ver que se lle ocorre a este langrán!

miércoles, 8 de febrero de 2023

O MANDADIÑO 2023

 


- O LUNS para comezar, a CABEZA debes adornar.

- Se o MARTES queres molar, algo no PESCOZO debes levar.

- O MÉRCORES, para voltas dar, a CINTURA podes rodear.

- O XOVES, para o xogo rematar, uns PÉS divertidos deben destacar.

- O VENRES, para o ENTROIDO festexar , poderaste disfrazar.