O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, é o día do seu aniversario e por iso é que a queremos homenaxear no seu día.
Falar de Rosalía é falar da máis importante escritora galega de todos os tempos, é dicir que foi a primeira literata que nos ensinou que o mundo estaba cheo de inxustizas; o que ela contaba era a súa realidade que non se afasta tanto da de hoxe.
E non hai nada máis humilde que o caldo, comida de pobres e ricos que quenta as almas. Rosalía deixounos a súa receita e por suposto que o fixemos no colexio.
O acto de hoxe comezou cun manifesto sobre a figura de Rosalía e a pegada que deixou ata os nosos días . Foi Martín, integrante do equipo de Dinamización, quen o leu para todo o público congregado no patio do colexio.
Toda a súa obra poética está chea de música, non hai máis que buscar nas redes e ver a cantidade de músicos que utilizaron as súas verbas para cantar fermosas cancións: Adiós ríos , adiós fontes, Negra sombra, Ninfa das augas frescas..... só son tres títulos, pero Rosalía compuxo moitísimos máis poemas que hoxe están musicados.
Por esta vinculación coa música , este ano celebramos este día cantando os poemas rosalianos acompañados de música. Velaquí tedes as imaxes do acto:
Educación Infantil interpretou "Vente rapasa, vente"
1º e 2º Educación Primaria atreveuse con "Campanas de Bastabales"
3º e 4º de Educación Primaria cantou "Adiós ríos , adiós fontes".
5º e 5º de Educación Primaria versionaron "Nascín cando as prantas nacen".
E, por último, dous alumnos da ESO leron "Negra Sombra"
Ata no ano non volvemos a ter día de Rosalía, pero o legado de Rosalía debería vivir en nós por sempre.
Viva a memoria por Rosalía!
No hay comentarios:
Publicar un comentario