martes, 30 de diciembre de 2025

BELÉN VIVINTE 2025


 


Un ano máis, o alumnado de 3º e 4º de ESO recrean o Belén Vivinte que xa é tradicional no noso colexio.
O Belén distribúese por distintos espazos do patio cuberto para posibilitar facer un percorrido por toda a historia natalicia.

Deste xeito, o percorrido comeza coa Anunciación, a casa de Ana e a visita do Anxo a Xosé:




Continúa coa taberna e distintos postos de mercadeiras como as leiteiras, costureiras, panadeiras.....



Hai un cambio de protagonistas e adentrámonos no castelo de Herodes e a súa Corte:



Despois do castelo imos atopámonos cos pastores que están a velar o seu gando cando se lles aparecen dous anxos coa nova de que o Neno nacera en Belén:

                                           


Cando todas as xentes  do pobo se enteraron de que  o Neno Xesús nacera, foron cara o pesebre para adorar ao Neno Deus e ofrecérlle agasallos.



O alumnado de todo o colexio puido desfrutar da actuación destes rapaces por quendas ao longo da mañá do día 17 de decembro. Asemade estivo aberto para aquelas familias e amigos que quixeran desfrutar do espectáculo.



 

 



CHEGOU O NOSO "APALPADOR"

 


O Apalpador è un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas. 

Por se o Apalpador non tivera idea de que agasallar aos nenos e nenas do cole, fixemos unhas fermosas cartas pedíndolle paz, ganas de estudar, ser bos compañeiros, e moita paciencicia para os profesores.




O alumnado de primeiro ciclo de EP fixeron unhas bólas coas súas palabras favoritas de Nadal.




O traballo de Educación Infantil foi moi bonito, fixeron un Apalpador por partes , coloreárono  e quedoulles un móbil moi simpático.



Debemos seguir coas tradicións propias de Galicia, coñecelas e facer que os pequenos participen delas.



viernes, 19 de diciembre de 2025

GAÑAMOS O "COREOGRAFÍATE"

 




Alumnas de 3º ESO puxéronlle arte escénica á canción de Louro, "Os meus males". Foi así como acadaron o 1º premio na etapa de Secundaria. 

O Certame Coreografíate da AS-PG é un evento organizado e xestionado pola Asociación SocioPedagóxica Galega nun apoio á música realizada en galego como forma de comunicación e divulgación da lingua e música galega. 

Parabéns á gañadoras e a seguir bailando e concursando.


jueves, 13 de noviembre de 2025

POLO SAN MARTIÑO.... PEÓNS AO CAMIÑO

 


Novembro é o mes que ten como protagonista "o peón", este xoguete tradicional que chegou á actualidade sen moitas modificacións.

Podémolos chamar peóns, trompos, buxainas pero son o mesmo e os rapaces o que desexan é facelos bailar.

No noso cole hai dous días no que o patio se enche de peóns e, desde os máis grandes ata os máis pequenos queren facelos bailar,






Teremos que esperar a San Andrés para rematar o mes......bailando peóns outra vez!

viernes, 31 de octubre de 2025

O SAMAÍN EN GALEGO

 

O Samaín en galego é a celebración celta que marca a fin do verán e o ano novo celta, provén da palabra gaélica "Samhain". É o herdeiro das festividades tradicionais galegas de Defuntos, Noites das Ánimas ou Noite dos Calacús, e hoxe en día celébrase con moita participación social e cultural.

No noso colexio houbo moitísimas activides dedicadas a esta festa que se poden ver nas diferentes publicacións de Instagram.

Desde Dinamización Lingüística propuxemos a elaboración de contos con personaxes típicos destas datas: cabazas, meigas, a Santa Compaña......; ata os raparigos de Educación Infantil crearon os seus propios libros de contos:



Tamén se propuxo, en conxunto coa biblioteca do centro, un concurso de "CONXUROS" no que houbo moita participación:


Velaquí algúns exemplos:


E como gañadora deste concurso en Lingua galega, Laura Infante, de 4º de ESO que fixo un conxuro de amor que quizais, se o facedes, teña bo final.




XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE OUTONO- HAIKUS


 Como xa é tradicional no nosos colexio, cada outono empeza co concurso de fotografía descritiva. Este ano recorremos aos HAIKUS, que aínda que é unha poesía de orixe xaponés é moi axeitada para o que queriamos conseguir. O haiku consta de tres versos, o primeiro  de cinco sílabas, o segundo de sete e o terceiro de cinco ; asemade enfócase na natureza e nos sentimentos que produce polo que esta composición acae moi ben para o que queremos conseguir.


Houbo moitísma participación, a nosa ÁRBORE DA LINGUA quedou pequena para acoller tanta obra. Isto significou que foi moi dificil a escolla das pezas gañadoras.

Na primeira etapa o premio foi para Candela Espiñeira:



Na segunda categoría gañou Sara Carpente:



E, na etapa da ESO, o premio foi para a alumna Daniella Parajón:


As tres rapazas levaron un premio, como non podía ser doutro xeito, un libro en galego que esperamos que lles guste moito.

Grazas a todo o alumnado por participar nas actividades do equipo de Dinamización Lingüística.

martes, 10 de junio de 2025

EXPOSICIÓN SOBRE CASTELAO

 


O 2025 foi declarado o ano de Castelao con motivo da celebración do 75  aniversario da súa morte.

Con axuda dos traballos de cada etapa educativa do colexio, conseguiuse unha fermosa exposición na que se percorreu a vida persoal, artística, literaria e política do autor homenaxeado.

Foron os alumnos de 4º de ESO os ciceróns que levaron aos seus compañeiros a coñecer a traxectoria do autor de "Cousas".


O primeiro que fixeron foi mostrarlles a liña de vida do artista vinculada sempre á súa liña literaria , artística e política.

Logo mostraron e explicaron as portadas dos libros de Castelao, parándose nalgunhas para falar do que significaban, xa que eran obras por si mesmas. As portadas foron obra do alumnado de EP.



Xa na "Árbore da Lingua" puídose admirar os debuxos de Castelao, pero nesta exposición case cobraban vida porque foron recreados en fotografía polos alumnos de EI, e escritas co "humor e a ironía" de Castelao polos rapaces de 1º e 2º de EP.





 Por último, todo o público coñeceu da man dos rapaces de 4º ESO, que foron os encargados de facer este traballo, o que era a "Poesía Escurecida", unha técnica utilizada por moitos autores. Consiste en raiar a folla dun libro, neste caso "Sempre en Galiza", ata obter un poema coas palabras que non se raiaron. Por que se escolleu esta obra? Porque a día de hoxe segue a ser a obra literaria que estivo máis tempo censurada por contar a realidade da nosa terra.

Esta exposición levou tempo facela e montala, pero unha vez todo ensamblado , coñecemos moito máis a grande figura do noso Castelao, que loitou polo que hoxe gozamos en liberdade: unha lingua e unha forma de ser identificativa do pobo galego.