lunes, 9 de marzo de 2026

48 HORAS EN GALEGO


 



 Este 2026 xa é a cuarta edición deste proxectiño chamado "48 horas en galego". 

Decatámonos que cada vez vai a máis a desgaleguización da rapazada, cústalles moito falar en galego, mesmo nas aulas de Lingua; é por iso  é necesario que sintan na súa propia carne como é falar galego sempre, comprobarán que serve para todo e que non é nin moito menos unha lingua de segunda.

O primeiro que se fixo, a modo de recordatorio, foron unhas chapiñas que tiñan que levar postas as 48 horas, así todo o mundo decataríase do proxecto e falarían en galego cos rapaces.




O segundo paso foi asinar o compromiso de realizar esta actividade :


Cando pasaron as 48 horas, cumplimentaron unha memoria. Había todo tipo de respostas, a maioría levou moi ben o de falar galego sempre, de feito todos puxeron que o segundo día xa falaban con naturalidade, sen traducirse.

Uns poucos esquecéronse en determinadas situacións, cos amigos que non o falaban, nos adestramentos, nas actividades de pola tarde...... pero foron os menos.


O final da actividade chegou cando os pais tamén avaliaron a actividade, de como viviran esa situación.

O mellor é que todos dixeron que fora unha boa experiencia e que se tiña que facer máis a miúdo.

Así que xa sabedes, en lugar de 48 horas, pode ser unha vida en galego!

miércoles, 4 de marzo de 2026

VISITA DE PERE TOBARUELA AO NOSO CENTRO


 Esta mañá recibimos no noso centro ao escritor Pere Tobaruela. Escritor catalán que desde hai 21 anos vive en Galicia e escribe na nosa lingua.

Os alumnos de 1º e 2º ESO durante este trimestre dúas obras súas, os máis pequenos traballaron "Cinco horas con Mauro" o tema do acoso e os rapaces de 2º descubriron a intriga e o amor pola toponimia no "Asasinato da profesora de Xeografía".



 O autor falou da súa experiencia como escritor e da forma de crear tanto os personaxes como a acción. 

Compartir para reflexionar e facer pensar é o motivo que o leva a seguir publicando para os máis novos, tamén dixo que un libro era unha fiestra para ver o mundo.

Despois de contestar a todas as preguntas que fixeron os rapaces , chegou a hora de firmar os exemplares.




 

miércoles, 25 de febrero de 2026

23 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA


 Este 23 de febreiro, o noso centro volveu render homenaxe a Rosalía de Castro, con motivo do Día de Rosalía e do 189 aniversario do seu nacemento . A celebración combinou emotividade,  e participación de todo o colexio, reflectindo que a autora segue sendo símbolo de identidade, xustiza e esperanza para todos nós.

Os rapaces traballaron facendo pictogramas de poemas da autora e parafraseando o seu archicoñecido "Adiós ríos, adiós fontes" pero con temas actuais. 



 O acto máis chamativo foi a lectura compartida entre todo o alumnado. Clase por clase baixouse ao patio para ler a obra de Rosalía, neste caso foi "Follas Novas".


 










 E co corazón contento e inzadiño de poesía despedimos esta fascinante celebración cos seus versos prendidos na memoria ata o ano próximo.


 

domingo, 22 de febrero de 2026

DESFRUTAMOS DO MANDADIÑO

 


Chegou a semana de Entroido e o noso colexio foise animando día a día por mandato do Mandadiño.

Os rapaces chegaron o luns co pescozo cuberto por colares, gravatas divertidas... o martes foi estupendo coa cara pintada e o mércores desfrutamos dos pelos aloucados oe orixinais perrucas o xoves cada un trouxo calcetíns diferentes en cada pé.

Pero o venres...... o venres o Entroido explotou e cada clase vestiuse de xogos divertidos, e quixeron facerse fotos co noso esquelete favorito: Mandadiño!






Ata o ano que vén, Mandadiño!

jueves, 5 de febrero de 2026

O MANDADIÑO 2026


 

Un ano máis chega o noso Mandadiño ao colexio. Animádevos a desfrazarse coma el e non teñades vergoña, estas datas son para rir e deixar a un lado as pequenas preocupacións cotiás!

Animádevos e vémonos no Entroido!