O Samaín en galego é a celebración celta que marca a fin do verán e o ano novo celta, provén da palabra gaélica "Samhain". É o herdeiro das festividades tradicionais galegas de Defuntos, Noites das Ánimas ou Noite dos Calacús, e hoxe en día celébrase con moita participación social e cultural.
No noso colexio houbo moitísimas activides dedicadas a esta festa que se poden ver nas diferentes publicacións de Instagram.
Desde Dinamización Lingüística propuxemos a elaboración de contos con personaxes típicos destas datas: cabazas, meigas, a Santa Compaña......; ata os raparigos de Educación Infantil crearon os seus propios libros de contos:
Tamén se propuxo, en conxunto coa biblioteca do centro, un concurso de "CONXUROS" no que houbo moita participación:
Velaquí algúns exemplos:
E como gañadora deste concurso Laura Infante, de 4º de ESO que fixo un conxuro de amor que quizais, se o facedes, teña bo final.
















