O 2025 foi declarado o ano de Castelao con motivo da celebración do 75 aniversario da súa morte.
Con axuda dos traballos de cada etapa educativa do colexio, conseguiuse unha fermosa exposición na que se percorreu a vida persoal, artística, literaria e política do autor homenaxeado.
Foron os alumnos de 4º de ESO os ciceróns que levaron aos seus compañeiros a coñecer a traxectoria do autor de "Cousas".
O primeiro que fixeron foi mostrarlles a liña de vida do artista vinculada sempre á súa liña literaria , artística e política.
Logo mostraron e explicaron as portadas dos libros de Castelao, parándose nalgunhas para falar do que significaban, xa que eran obras por si mesmas. As portadas foron obra do alumnado de EP.
Xa na "Árbore da Lingua" puídose admirar os debuxos de Castelao, pero nesta exposición case cobraban vida porque foron recreados en fotografía polos alumnos de EI, e escritas co "humor e a ironía" de Castelao polos rapaces de 1º e 2º de EP.