jueves, 16 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

O 17 de cada mes de maio celébrase o día grande das Letras Galegas, este ano está dedicado a Antón Fraguas, destacado historiador,etnófrafo, antropólogo e xeólogo, pero sobre todo un home dedicado a Galicia e á Lingua Galega.
No noso colexio celebramos esta festa o pasado martes. Houbo tres partes ben diferenciadas.

A primeira parte tivo lugar no salón de actos, alí comezamos coñecendo un pouco máis ao noso homenaxeado: Antón Fraguas. Os rapaces de Secundaria foron os encargados de teatralizar a súa vida.
 
Logo , os rapaces de 4º de EP interpretaron con moita gracia "A horta de Balbina", cantiga popular que o propio Antón Fraguas se encargou de recompilar.
 
Seguimos cun teatro de sombras ao que lle deron vida os alumnos de 6º de EP, poñendo voz á "Voda da pulga e o piollo".

A partir de aquí foi o tempo dedicado á música, nesta ocasión foron as rapazas de 4º de ESO as que interpretaron un bonito e emotivo tema : "Heroes sen nome" de Lucía Pérez.

Como en  toda festa reivindicativa, e aquí loitamos polo Galego, lese un manifesto. Nerea e Sofía encargáronse de porlle voz a un precioso poema de Manuel  María, " A fala" no que se proclama a liberdade de utilizar a lingua galega.


E chegou o final do acto, pero o máis emotivo, pois todo o colexio en pé interpretou desde o corazón o noso "Himno Galego"

Pero non rematou así a festa!. Na segunda parte desta celebración todos baixamos ao patio para divertirnos e gozar cunha serie de xogos tradicionais, os rapaces de ESO eran os mestres que acompañaban e ensinaban aos máis pequenos nestes xogos.








Poidémonos fotografar diante dun mural adicado ao mundo da Literatura Galega:




 
Os nenos de Infantil tiveron uns contacontos moi especiais, os rapaces de 2º ESO estiveron a contarlles uns contos elaborados por eles nun proxecto de aula:
 
 
E para rematar nada mellor que un exquisito xantar en boa compaña. Este ano quixemos que a festa das Letras Galegas fora unha verdadeira romería con música, xogos, comida e boas persoas para compartir.

 


E bailando e cantando todos xuntos rematamos esta festa, a festa das Letras Galegas, un día para celebrar que temos xente que loitou sempre para que hoxe poidamos falar o galego con toda liberdade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario