sábado, 24 de noviembre de 2018

A NOSA RELACIÓN CO GALEGO

Este foi o título dunha redacción posta en 1º de ESO a semana pasada. son 26 alumnos e cada un ten una relación diferente coa Lingua de Galicia, hainos que pensan que a lingua galega é una materia máis e difícil, outros que é una mágoa que non a falen porque nos seus fogares non a utilizan, poucos pensan que é o tesouro que temos en posesión todos os galegos..... e así ata 26 opinións.

Deixo dous exemplos de alumnas que , ao ler os textos na clase, fixeron que os seus compañeiros aplaudirán expontaneamente. A primeira é de Aurora Recamán e a outra de Liza Otero.

O meu galego
A miña relación co galego comeza cando escoitei por primeira vez a meu pai falar.
Como xa vos contei outras veces, a miña nai é de Perú, e aínda que alí non se fala galego, ela quixo tamén estudar a nosa lingua a prol de desenvolves a súa carreira profesional.
Pola miña banda, dende moi pequerrechiña as miñas mestras da gardería ensináronme as primeiras palabras en galego. Despois xa viñeron outros cursos onde fun perfeccionando a nosa lingua, tanto no eido gramatical como tamén o vocabulario e a escritura.
Có fin de acadar estes obxectivos tiven moita axuda por parte da lectura de contos e historias escritas en galego; un dos meus escritores favoritos é Agustín Fernández Paz.
Hoxe son quen de manter una conversa na nosa lingua, de ler e comprender un texto literario aínda que teño moito que mellorar. A vantaxe que teño é que aínda son moi nova e quédame moito tempo para estudar.
Síntome moi identificada coa nosa lingua que é a parte máis importante da nosa cultura galega.
                                                                               Aurora Recamán


A miña relación co galego
Galicia é a nosa terra e o galego o noso idioma. Este é tranmitido de país a fillos como forma de comunicación.
Eles falárono e nós falámolo.
A lingua é un reflexo da nosa historia, algo do que temos que estar orgullosos.
Escoitamos galego na casa pero tamén o estudamos no colexio.
As linguas permítennos ter máis facilidade na aprendizaxe de calquera materia.
Canto máis dominemos a lingua, mellor entenderemos todo o que nos rodea.
O galego crea un lazo de unión entre a xente que o fala e iso fai que un se sinta cómodo e protexido.
                                                                           Liza Otero

No hay comentarios:

Publicar un comentario