domingo, 24 de febrero de 2013

O ENTROIDO NO MUNDO

Os alumnos de secundaria estiveron a facer un traballo de investigación dos máis famosos carnavales do mundo.
Os alumnos de 1º e 2º de ESO , encargáronse do Entroido galego, no seu traballo aparecían as máis fermosas máscaras de Galáns, Peliqueiros, Pantallas e moitos outros, así como un espazo para a gastronomía e todos os ritos tradicionais deses días.
Os nenos de 3º e 4º de ESO foron un pouco máis internacionais e da man deles aprendimos máis cousas do Carnaval de Río, tan salvaxe e vistoso, así como do elegante Carnaval de Venecia, onde o luxo das máscaras chama a atención.













Un pouco máis cerca nos quedan os Carnavais de Cádiz onde o prato forte son as murgas e o de Tenerife cheo de cor e brillo. Desexamos que disfrutedes coa exposición de traballos.

1 comentario:

  1. Noraboa polo blog de Normalización Lingüística e polas actividades que nel expoñedes. Anímovos a seguir motivando aos nosos rapaces e rapazas en prol do uso da nosa lingua. Desde a casa tentámolo facer pero penso que desde o cole sodes os profes os máis influíntes sobre a valoración e amor cara á lingua galega, sobre todo na fala. Faládelles un pouquiño máis en galego!!. Saudiños. Dámaris.

    ResponderEliminar