sábado, 9 de marzo de 2024

O DÍA DA MULLER


 No oito de marzo reivindicamos a igualdade e o respecto do que aínda non desfrutamos e pedimos unha sociedade mellor para nós e as xeracións vindeiras.

E como non hai avance sen consciencia do camiño percorrido, este ano quixemos dedicar este día ás mulleres, que coa súa valentía e talento, fixeron o camiño máis doado para todas nós.

Todos os cursos das diferentes etapas investigaron para poñer nome e apelidos a estas mulleres pioneiras.








15ª EDICION DO CONCURSO "NOVOS TALENTOS DE RELATO CURTO"


 O 7 de marzo , como cada ano, tivo lugar unha edición máis do concurso de Coca-Cola de relato curto.

A pandemia deixounos o legado de facer a proba online, antes viaxabamos ata A Coruña para facela con todos os compañeiros da provincia, entón ás 12 en punto comezou o concurso.

Como xa sabedes, esta proba é deseñada para os alumnos de 2º de ESO, e desta quenda asistiron Ana Rodríguez, Blanca Vázquez, Pablo Tenreiro, Laura Infante e Héctor Cadahía.

O estímulo sobre o que debían escribir foi o seguinte:


Unha vez interiorizado o significado do poema de Marta Dacosta, puxéronse mans á obra:



Durante dúas horas crearon mundos fantásticos en máximo 800 palabras. Unha vez enviado o seu relato recibían o seu diploma de participación.


Esperamos que algún deste alumnos sexa premiado polo xurado.

sábado, 24 de febrero de 2024

A ROSALÍA DAS MIL CARAS

 


Hoxe, día 23 de febreiro,  hai 187 anos que Rosalía de Castro naceu.

Como é unha das figuras máis salientables da nosa literatura e cultura , celebramos o seu aniversario como se aínda estivese connosco, porque aínda que haxa moito tempo que  non está, as súas leccións de vida aínda seguen vivas.

Rosalía era feminista, traballadora, loitante, valente, compasiva das dores alleas e dos infortunios que ateigaban aquela época, era soñadora, reivindicativa, namoradiña........ un sen fin de adxectivos que non acabariamos nunca.

Para unha mostra temos a nosa exposición: A ROSALÍA DAS MIL CARAS, aqui podedes ver como en 2024 vemos a figura na nosa ilustre escritora.







Despois de ver as nosas "Rosalías", pasamos a ler o manifesto sobre a súa figura, nel falouse dunha Rosalía feminista, a voz dos traballadores, tolerante, galeguista.....Tamén se dixo que sentía tanto amor por Galicia que o proxectaba en todas as súas obras.
Seguramente lle gustaría moito á nosa escritora que todos os galegos erguéramos a cabeza para que Galicia exista nun mundo mellor, diverso e igualitario. 



Despois deste fermoso manifesto, díxose unha lectura compartida desde nenos de EI a Ciclo Formativo, do poema "Nin ás escuras".










Este homenaxe rematou a mañá facéndonos fotos coas Rosalías que compartían espazo con nós:




E ao xantar que habería.........pois o "Caldo de gloria" en homenaxe a Rosalía.














viernes, 23 de febrero de 2024

VISITA DE ANDREA MACEIRAS .


Esta semana , Andrea Maceiras quixo acompañarnos durante unhas horas para falar dos seus libros "Europa Express" e "O que sei do silencio". Libros que foron  lectura para os rapaces de 3º e 4º de ESO.

A charla comezou coñecendo un pouco máis á autora, e de seguido xa comezaron as preguntas: Como te inspiraches para escribir Europa Express? Hai algo autobiográfico? A historia de "O que sei do silencio foi verdade? Que estás a escribir agora?.....e así moitísimas preguntas.

A autora contestounas todas e mesmo ela fixo preguntas ao alumnado que lle responderon entusiasmados, facendo así unha conversa moi entretida.

Sabemos que para facer "Europa Espress" inspirouse nunha postal dunha viaxe que fixera con amigos, tamén que o tema de "O que sei do silencio", foi unha historia que lle contou unha amiga e que ela novelou.

Ao final da charla houbo firma de libros, feito que encanta aos rapaces.









sábado, 10 de febrero de 2024

RECEITARIO DE ENTROIDO


 

Neste tempo de Entroido o que máis gusta, salvando disfrazarnos, é comer os doces e o cocido propio destas datas. 

No colexio fixemos un receitario completísimo cos truquiños das avoas para darlles máis sabor aos freixós, ou o punto de amasado ás orellas por exemplo. 

Pero o que aconteceu foi que o noso patio encheuse de receitas cuxo resultado saboreuse despois do festival de Entroido todos xuntos.

Bo proveito!